Xa rematou un día máis. Porque supoño que foi iso, un día máis!
Puido ser un día especial, pero chegado este momento creo que non, que foi iso, un día máis.
Puido ser especial porque puiden sair feliz dun dos exames máis importantes que levo feito na miña vida académica, pero non foi así. Os sentimentos ó rematalo foron todo o contrario. Non se pode dicir nada ata que non se teña o resultado obxetivo, pero para ser un exame fin de carreira, máis que facilitarche as cousas, a dificultade desa proba era similiar á de atopar unha agulla nun pallar. Que nunca me puxen a buscala, se cadra de poñerme atopabaa pronto, pero nunca o fixen. Polo que non sei con exactitude a súa dificultade, pero é o que sempre se di cando nos parece moi complicada unha cousa.
Este sentimento é compartido, polo que si non estou no certo e en realidade o exame non era tan complicado como mo pareceu, varias persoas das que alí estabamos sufrimos un Trastorno Psicótico Compartido e a nosa idea delirante, claramente garda relación entre uns e outros...
Pode ser que esperase estar máis eufórica do normal, é dicir, con respecto ó meu nivel premórbido, antes do exame, e non me mostrase así finalmente para non parecer un suxeito en pleno Episodio Maníaco como sufría o exposto no primeiro caso que se nos plantexou...
Tamén pode ser que a min non me saise todo o ven que esperaba porque non me adaptei ben á situación ambiental e o axente estresor (o exame) me superou polo que a razón dun posible suspenso non sería que estudiase ou deixase de estudiar senón por padecer un Trastorno Adaptativo. Trastorno que sufría a pobre Clara, protagonista do caso clínico exposto en segundo lugar.
Sexan por estas cuestións ou non, o caso é que non saín contenta e que a sensación é totalmente contraria ao nivel de estudio que levaba e que creo poseer. Pero xa se sabe, esta percepción é subxectiva, e as probas académicas non sempre son todo o obxetivas nin eficientes que deberían... tocará esperar!
Continuarei a miña vida da maneira máis normal posible, ou menos anormal posible, todo depende. Porque o concepto e definición de anormalidade non está de todo claro e "locos" xa sabemos que todos o estamos nalgún momento da nosa vida!
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ahí lle deches MaríaPopins!!! e tranquila, como din nunha serie de cuxo nome non quero lembrarme, detrás das nubes o ceo é sempre azul!! xDD
ResponderEliminarE recoméndoche a vía da non normalidade, é máis interesante ;D
ainsssssssss non podo tar dacordo coa túa entrada... q sensación tan amarga nos qdou, pq dp do esforzo q preparar esa asignatura conleva esperas unha recompensa... e en vez diso che sae un adaptativo no exame... hai q foderse!! en fin saia o saia nos resulta2 obxetivos, sabemos q nóa PODEMOOOS, e sexa na normalidade ou na anormalidade vamos ir a x ela a morte!! q seguimos qrendo ser psicolog@s e dp de td x o q xa pasamos isto non nos vai deter!! entedido mery?? un abrazo enooormeeee wapaa! **maBel**
ResponderEliminar1º frase do meu comentario fáltalle o +!! non podo tar + dacordooo! jejeje bicooos **maBel**
ResponderEliminarHAY QUE SEGUIR CA VIDA E SONREINDO,gozando disfrutando....
ResponderEliminareu polo menos o fago e eso que non tiven o placer de aprobar salud, pero iso non fara que perda a miña saude preocupandome e nunha frustracion cronica.
espero con gañas xuño jejjejej
bcs
david