A verdade é que hoxe remata un mes, sí, o mes de Decembro. E ainda que podería ser un mes máis, pois non o é. Porque decidimos que ó chegar ao 31 de Decembro volveríamos comezar con Xaneiro e diríamos que cambiamos de ano. Así que Decembro non é un mes máis, porque remata, e oblíganos a cambiar de ano.
Cando comezamos un novo ano, todo se ve diferente, como si o movemento das agullas do reloxo fose diferente ó do resto de días.
Coa entrada do novo ano, a maioría da xente que logra sobrevivir sen atragantarse coas uvas, ve por diante 364 días que poden ser marabillosos. 364 días, son moitos días! Polo que pensamos: "este ano vou facer tantas cousas!". E poñémonos a decir propósitos de ano novo que en realidade acabarán sendo, a maioría deles, outros tantos despropósitos a final de ano.
Ainda que non sempre pasa iso, nin con todas as ideas que enchen a nsoa cabeza o día 1 de Xaneiro. Hai veces que se cumplen, que se loita por eles e acabas con certo grao de satisfacción, de pasar un ano máis da túa vida coa idea de que vas polo bo camiño.
Un ano da para moito e pasa moi rápido.
Foi un ano que comezou con grandes expectativas, veremos que expectativa deixa a última noite deste 2010.
Nun ano podes aprender e descubrir moitas cousas, ilusionarte e desilusionarte con xente e proxectos, vivir novas sensacións e repetir outras que che gustaron en ocasións pasadas. Coñecer xente nova e non deixar de lado a aqueles cos que sempre estiveches.
Foi un ano de despedidas. De despedidas temporales a outros países, pero sabendo que máis adiante habería un reencontro. Despedidas tamén onde xa nunca máis nos volveremos atopar na faz da terra , pero que día a día seguen presentes en nós.
Conseguín grandes logros ainda que non alcanzase o máis grande de todos, pero moitas veces dixen que as cousas pasan por algo e por si non o recordaba, teño grandes persoas ó meu lado que mo fixeron recordar, por iso se chaman irmáns.
Logrei presentarme a concursos literarios polo apoio de xente que é importante na miña vida, e é desa xente da que me importan as súas ideas e opinións, as do resto...tan só as respeto.
Tamén dixen que os bos perfumes veñen en frascos pequenos e estou segura ao 100% de que disfrutei de cada pequeno momento e das grandes risas que este 2010 me permitiu vivir. E que me permitiu vivilas ata o último momento pois ainda a día 29 tiven un reencontro ESFero con carácter vertebrativo que como si de auga de maio se tratase fixo que me rise e desafogara tensións que había uns días gardaba dentro de min. Porque ainda que me agobiei con determinadas actividades sigo tendo claro o por qué son VOLUNTARIA nunha ONG: porque cada momento que vivo e cada actividade que fago ó lado de cada un do resto de voluntarios faime vivir. E vivín tantos e tan gratos momentos ao voso lado que non o cambiaría por nada!! Fixestesme medrar, como persoa e como profesional e non sempre un é capaz de ver iso, nin de velo no momento axeitado. Porque fostes das persoas que estivestes nos bos e nos malos momentos que este 2010 me trouxo. En todos.
Momentos tristes nos que tamén reafirmei quen estaba ao meu lado e quen non. Sei que estiveron @s amig@s que realmente o están sempre e cos que desgraciadamente compartin estos momentos de maneira mutua. Pero sei que sempre estarán aí, e saben que sempre estarei aquí.
Porque hai conversas que comezaron hai anos nun pequeno pobo portugués e rematan practicamente ó mesmo tempo.
Conversas de sentimentos escondidos que saen á luz nunha calurosa fin de semana do mes de setembro, pero que despois te fan sentir mellor e che fan saber que non estás soa.
E conversas tontas, pero necesarias, que precisas compartir con alguén para sentir que estás aquí e non estás soa, e que teño a gran sorte de poder seguir tendoas cunha persoa que hai anos escollín para tan ardua tarefa e que despois de todo este tempo segue sen defraudarme.
Foi outro ano máis de vida de estudiante e días de facultade no que a imaxinación pode dar moito de sí e a compañía ainda moito máis por iso sendo estudiante de psicoloxía formas un grupo de jueves clínicos para poñerlle nome ás quedadas entre amigos para comer en tal día de semana e desestresarnos a base de chistes de grande calidade. E porque só sendo estudiante de psicoloxía e sen ter de pequena un amigo imaxinario es capaz de crealo en conxunto coma si dun trastorno psicótico compartido se tratase, chegando a dicir que hai probas de tal afirmación...
Un ano no que tras horas e horas de biblioteca reafirmei a amizade de alguén que nun inicio era unha simple compañeira máis e coa que finalmente acabo falando de practicamente todo e ata comendo palomitas sentadas nunhas escaleiras ficando para a pantalla da vida real e sen a cal o almorzo se verá diferente.
Tamén neste 2010 se remata a convivencia estudiantil, esta vez de verdade, pero non por iso deixaremos de vernos. Temos moitas, moitas razóns e motivos para reunirnos! Sexa cal sexa o punto de reunión. Da igual si é Vigo, Coruña ou Lugo, porque o que se formou nestes últimos 6 anos non creo que se poida olvidar.
É un ano no que teño que dar gracias a aqueles que dende diferentes partes do mundo, e sen ter que darme un baixón de tensión, vos acordastes de que tiñades unha amiga con coleccións raras e me trouxestes unha bolsiña de azúcre, porque fixestes que pasase dos 500, dos 1500 azucarillos...
Volvín facer o "meu" tramo corrrespondente do Camiño de Santiago nun ano que non se repetirá en 11 e vivín o "apóstolo" máis extraño de ningún ano, pero á vez satisfactorio.
Sigo sendo a que sempre desata os nudos e inevitablemente a irmá maior!
Foi un ano no que se me fixo ver que non perdín o meu encanto, pero no que desexei un bico que non chegou e abrazos que nunca chegarán.
Un ano no que sentín, no que me deixei levar algo máis do que o suelo facer, no que arrisquei e me lancei expresando o que sentía e no que ainda que sen chegar a perder non gañei todo o que esperaba. Pero tamén son consciente de que unha vez máis me reprimín e botei man do freno. Que sigo tendo problemas coa miña intelixencia emocional e que non levo ao mesmo nivel os dous tipos de intelixencias que hai neste campo. Que é certo que recoñezo os sentimentos dos demáis, que os comprendo, pero que sigo sen facerlle fronte e saber expresar os meus. Quizais esa sexa a razón de que o meu corazón volva estar case "baleiro" de sentimento á espera da conquista dalgún cabaleiro.
Sigo querendo tocar o piano e da forma que o fago, e máis ca nunca iniciar as clases de guitarra para o que xa dei o paso inicial. E ainda que dixen que non organizaría festival navideño remato o ano cos ensaios teatrais para o estreno do día 8, pero sigo aprendendo de cada un dos cativos que dirixo.
Si ben é certo que o destino ou o que sexa apretou un pouco, aprendín a valorar o que teño antes de perdelo ainda que ás veces resulta moi, pero que moi complicado.
Compartín vivencias extranxeiras acollendo de bo grao a francesa de intercambio dunha de miñas irmás sendo toda unha experiencia, unha grata experiencia!
Moitos quererán que acabe o ano xa, outros posiblemente non tanto, sobre todo os fumadores, parados, embarazadas, pensionistas e traballadores... pero queiramos ou non o ano remata e comeza outro. e só dependerá de nós a forma de vivilo. Para min comezan novas experiencias e de cada unha delas espero aprender.
Sintome orgullosa de cada unha das cousas que fixen e sigo facendo en cada frente que teño aberto e dando o máximo de min e conseguindo o que conseguín sen cerrar a porta a nada ainda que moitos pensen que debería cerrar algunha.
Ó 2011 só lle pido que me dea forzas para poder continuar coa vida. E ós que chegastes ata aquí na lectura e a todos os que vos atopedes representados nalgunha/s da/s miña/s palabra/s NON vos desexo un próspero e feliz ano novo, SÓ VOS DESEXO QUE O 2011 SEXA PRÓSPERO, porque de ser así viviredes grandes e felices momentos polo que estou segura de que será feliz...
E como sempre digo nestas datas... presinto que este vai ser un gran ano...
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Podría quedarme con moitas cousas, si...podrñia decirche o marabillosa que es e o moito que te quero...pero xa sabes que ese non é o meu estilo....asique so vou recalcar unha cousa: sin ti...nunca podria comer esas galletas que tan ben cerradiñas veñen nas bolsiñpas de plastico!!!
ResponderEliminarO universo decidiu que ti foses a maior...por algo sería,asique non o defraudes e sigueme desatando os nudos que se me poñan por diante na miña vida!
uhhhhhh
ResponderEliminaranonimoooo non sei se sabras que son!!!!
:D
Podo intuílo, e sempre se me deron bastante ben as intuicións...
ResponderEliminarás veces van pasando os días,e a "vida" non nos da o que creemos que merecemos, pero ás veces tamén é certo que non vemos o que realmente nos ofrece.
ResponderEliminarEste ano non foi un bo ano para nós, despois de tantos vivindo case día a día xuntas, veu un ano de aparentemente olvido, pero iso non é certo, sabes que fuches durante anos moi importante e que nunca deixarás de selo, seino porque pese a que cada unha ten as súas ocupación, nos recordamos, xk estamos lonxe pero non te olvido e porque esté donde esté sempre te levo conmigo. moitas gracias por todos os momentos vividos xuntas e por todos os que nos quedan por vivir.
GRACIAS!!
ResponderEliminarFaime moita ilusión o teu comentario!
Estou segura de que nos quedan moitos momentos... espero verte pronto!
MaríaPopins M.A.R.A.B.I.L.L.O.S.A.
ResponderEliminarComa sempre, no cambies porque é así como te necesitamos nas nosas vidas...
Simplemente perfecta :)
Gracias "Jedy"...
ResponderEliminar