viernes, 10 de diciembre de 2010

Pasando follas ata a sección de DEPORTES

Como habitualmente fago, hoxe cando fun tomar o primeiro café da mañá, collín o xornal que quedaba libre [Despois tamén rescatei dunha mesa un dos gratuítos, teño que recoñecer que un día sen un destos xornais parece que falta algo].
Antes comezaba a ler o xornal directamente polo final, ainda que algúns me dixeran que eso era non saber lelo. Nunca fixen caso do que me di determinada xente àllea a min], ainda que sempre escoito . Si é unha manía miña, que lle vou facer? Non fago mal a ninguén e entérome igualmente do que me di.
A cuestión é que agora levo unha tempada comezandoo polo principio. Quizais para ver a portada en primeiro lugar, pero a verdade é que non sei a ciencia certa a razón. Se cadra o feito de escoitar sempre a opinión dos demáis fixo que o meu subconsciente cambiase a miña forma de actuar, pero este é un tema para preguntar a un psicólogo, e non é o fin desta "entrada".
Collo o xornal, miro a portada, e ábroo. Leo as opinións, cartas e editorial. Despois comezo a pasar páxinas.
Hoxe deime conta de que cada vez paso máis rápido as páxinas de política, pero é que non din cousas novas! Eu vivo neste país, e non me interesa saber como se rebaten uns partidos a outros nin un intercambio de insultos sen aportar nada novo, e como a cuestión da educación española tampouco é un tema novidoso, pois pasemos. O tema de controladores...pois tamén cansou sendo a nova de toda a ponte e fastidiando a determinada xente [considero inxusta a forma que tiveron de actuar, se alguén pode aportarme outra opinión estarei encantada de recibila].
Tamén pasei rápido as páxinas internacionais, pois mentras non se deciden nunha postura os coreanos, nin descubran onde está o "manda-más" de Wikileeds, ou ler noticias incompletas sobre o Sáhara, pois tamén pasamos de páxina.
Pouco a pouco cheguei á sección de DEPORTES, que hoxe me interesaba especialmente.
Hai uns días dixéronme que para ser muller estaba moi metida no "tema deporte" e que semellaba moi "futbolera". Si ben é certo que a maioría das mulleres non abundan, nin están moi interesadas no deporte, e menos no fútbol, eu non o considero raro. Sigo moitos deportes e apoio moitos deportistas.
Tomei como un alago esas palabras e expliquei a miña posible influencia para tal interés.
Penso que non se debe ver raro que as mulleres se inclúan no mundo deportivo [e non o digo no sentido sensacionalista que se deu con Sara Carbonero e que resta profesionalidade a este gremio]. as primeiras en non velo raro debemos ser nós mesmas, pois si un tema se trata con normalidade non será raro para ninguén.
Hoxe tódalas seccións de DEPORTE comezan cun tema negativo para este sector: a dopaxe.
É máis, ata as viñetas da maioría [por non dicir todas] fan referencia á dopaxe e á protagonista do día: Marta Domínguez. Atleta coa que todos sufrimos cando caeu antes de chegar á meta nos últimos XX. OO.
Este suceso que definen como "novo golpe ao deporte español", comeza a cansar á xente seguidora do deporte como a unha servidora.
Cando comezou o "asunto CONTADOR", e xa se levaba un tempo coa mosca detrás da orella asomando tamén o caso de MOSQUERA, EZEQUIEL Mosquera, eu dixen: "si, que agora vai resultar que todo o que alcanzan os deportitas españois foi grazas á dopaxe". Non será que teñen envidia de que dominemos tantos campos deportivos?
Agora engado outra pregunta: credes que será certo que todos os casos que sairon á luz son certos?
Tamén PAQUILLO (marchador) está suspendido. Entón, que, puxéronse todos dacordo? España dividida polo efecto da crise que ferve dentro de un, e os deportistas póñense dacordo apra doparse e gañar títulos?
Sinceramente a miña humilde opinión é que "nin os bos son tan bos, nin os malos son tan malos". Poderá ser que algún se dopara[ secadra moitos] pero creo que hai unha clara presión sobre o deporte español e algún tipo de "traidor" nalgúns campos deportivos.
Tiven a sorte de poder coñecer un pouco máis a fondo e de boa man, o caso de EZEQUIEL MOSQUERA, e sinceramente creo que a veces, os deportistas quedan desamparados. Que é moito o esforzo que hai que pasar para lograr grandes títulos e metas e que cando saen temas destes a pouca xente lle importa se é verdade ou mentira mentras se venda o sensacionalismo.
A este paso deberían ter coidado as distintas SELECCIÓNS ABSOLUTAS non vaia ser que os balón de ouro ou as grandes estrelas de equipo sexan acusados con infamias dete tipo. Porque supoño que ó futuro "balón de ouro Del Bosque" non lle dirán que se dopou para ordenar a técnica a seguir...

Sen máis, GRACIAS aos que chegastes ata este punto!

María
.

2 comentarios:

  1. De tantos sentimentos de rabia e inocencia que me asaltan con estos casos voume a quedar cos últimos parágrafos onde falas do desamparo dalgúns deportistas.
    É un tema complicado que nunca comprenderemos os "mortais". Intereses econónomicos moi potentes, cinismo de médicos e preparadores deixando á sua sorte ó deportista... Só nos queda confiar na xustiza. O que se escondeu coa Operación Puerto agardamos que se enxuíce coa Operación Galgo. Aínda que confiar en que se faga xustiza segue sendo unha utopía.

    ResponderEliminar
  2. unha honra que Antón Ruanova comente no meu blogue!!!
    ;)

    ResponderEliminar

Seguidores