viernes, 31 de diciembre de 2010

De un día para outro cambiamos de ano...2011

A verdade é que hoxe remata un mes, sí, o mes de Decembro. E ainda que podería ser un mes máis, pois non o é. Porque decidimos que ó chegar ao 31 de Decembro volveríamos comezar con Xaneiro e diríamos que cambiamos de ano. Así que Decembro non é un mes máis, porque remata, e oblíganos a cambiar de ano.

Cando comezamos un novo ano, todo se ve diferente, como si o movemento das agullas do reloxo fose diferente ó do resto de días.
Coa entrada do novo ano, a maioría da xente que logra sobrevivir sen atragantarse coas uvas, ve por diante 364 días que poden ser marabillosos. 364 días, son moitos días! Polo que pensamos: "este ano vou facer tantas cousas!". E poñémonos a decir propósitos de ano novo que en realidade acabarán sendo, a maioría deles, outros tantos despropósitos a final de ano.
Ainda que non sempre pasa iso, nin con todas as ideas que enchen a nsoa cabeza o día 1 de Xaneiro. Hai veces que se cumplen, que se loita por eles e acabas con certo grao de satisfacción, de pasar un ano máis da túa vida coa idea de que vas polo bo camiño.

Un ano da para moito e pasa moi rápido.
Foi un ano que comezou con grandes expectativas, veremos que expectativa deixa a última noite deste 2010.

Nun ano podes aprender e descubrir moitas cousas, ilusionarte e desilusionarte con xente e proxectos, vivir novas sensacións e repetir outras que che gustaron en ocasións pasadas. Coñecer xente nova e non deixar de lado a aqueles cos que sempre estiveches.

Foi un ano de despedidas. De despedidas temporales a outros países, pero sabendo que máis adiante habería un reencontro. Despedidas tamén onde xa nunca máis nos volveremos atopar na faz da terra , pero que día a día seguen presentes en nós.

Conseguín grandes logros ainda que non alcanzase o máis grande de todos, pero moitas veces dixen que as cousas pasan por algo e por si non o recordaba, teño grandes persoas ó meu lado que mo fixeron recordar, por iso se chaman irmáns.
Logrei presentarme a concursos literarios polo apoio de xente que é importante na miña vida, e é desa xente da que me importan as súas ideas e opinións, as do resto...tan só as respeto.

Tamén dixen que os bos perfumes veñen en frascos pequenos e estou segura ao 100% de que disfrutei de cada pequeno momento e das grandes risas que este 2010 me permitiu vivir. E que me permitiu vivilas ata o último momento pois ainda a día 29 tiven un reencontro ESFero con carácter vertebrativo que como si de auga de maio se tratase fixo que me rise e desafogara tensións que había uns días gardaba dentro de min. Porque ainda que me agobiei con determinadas actividades sigo tendo claro o por qué son VOLUNTARIA nunha ONG: porque cada momento que vivo e cada actividade que fago ó lado de cada un do resto de voluntarios faime vivir. E vivín tantos e tan gratos momentos ao voso lado que non o cambiaría por nada!! Fixestesme medrar, como persoa e como profesional e non sempre un é capaz de ver iso, nin de velo no momento axeitado. Porque fostes das persoas que estivestes nos bos e nos malos momentos que este 2010 me trouxo. En todos.

Momentos tristes nos que tamén reafirmei quen estaba ao meu lado e quen non. Sei que estiveron @s amig@s que realmente o están sempre e cos que desgraciadamente compartin estos momentos de maneira mutua. Pero sei que sempre estarán aí, e saben que sempre estarei aquí.
Porque hai conversas que comezaron hai anos nun pequeno pobo portugués e rematan practicamente ó mesmo tempo.
Conversas de sentimentos escondidos que saen á luz nunha calurosa fin de semana do mes de setembro, pero que despois te fan sentir mellor e che fan saber que non estás soa.
E conversas tontas, pero necesarias, que precisas compartir con alguén para sentir que estás aquí e non estás soa, e que teño a gran sorte de poder seguir tendoas cunha persoa que hai anos escollín para tan ardua tarefa e que despois de todo este tempo segue sen defraudarme.

Foi outro ano máis de vida de estudiante e días de facultade no que a imaxinación pode dar moito de sí e a compañía ainda moito máis por iso sendo estudiante de psicoloxía formas un grupo de jueves clínicos para poñerlle nome ás quedadas entre amigos para comer en tal día de semana e desestresarnos a base de chistes de grande calidade. E porque só sendo estudiante de psicoloxía e sen ter de pequena un amigo imaxinario es capaz de crealo en conxunto coma si dun trastorno psicótico compartido se tratase, chegando a dicir que hai probas de tal afirmación...

Un ano no que tras horas e horas de biblioteca reafirmei a amizade de alguén que nun inicio era unha simple compañeira máis e coa que finalmente acabo falando de practicamente todo e ata comendo palomitas sentadas nunhas escaleiras ficando para a pantalla da vida real e sen a cal o almorzo se verá diferente.

Tamén neste 2010 se remata a convivencia estudiantil, esta vez de verdade, pero non por iso deixaremos de vernos. Temos moitas, moitas razóns e motivos para reunirnos! Sexa cal sexa o punto de reunión. Da igual si é Vigo, Coruña ou Lugo, porque o que se formou nestes últimos 6 anos non creo que se poida olvidar.

É un ano no que teño que dar gracias a aqueles que dende diferentes partes do mundo, e sen ter que darme un baixón de tensión, vos acordastes de que tiñades unha amiga con coleccións raras e me trouxestes unha bolsiña de azúcre, porque fixestes que pasase dos 500, dos 1500 azucarillos...


Volvín facer o "meu" tramo corrrespondente do Camiño de Santiago nun ano que non se repetirá en 11 e vivín o "apóstolo" máis extraño de ningún ano, pero á vez satisfactorio.

Sigo sendo a que sempre desata os nudos e inevitablemente a irmá maior!

Foi un ano no que se me fixo ver que non perdín o meu encanto, pero no que desexei un bico que non chegou e abrazos que nunca chegarán.

Un ano no que sentín, no que me deixei levar algo máis do que o suelo facer, no que arrisquei e me lancei expresando o que sentía e no que ainda que sen chegar a perder non gañei todo o que esperaba. Pero tamén son consciente de que unha vez máis me reprimín e botei man do freno. Que sigo tendo problemas coa miña intelixencia emocional e que non levo ao mesmo nivel os dous tipos de intelixencias que hai neste campo. Que é certo que recoñezo os sentimentos dos demáis, que os comprendo, pero que sigo sen facerlle fronte e saber expresar os meus. Quizais esa sexa a razón de que o meu corazón volva estar case "baleiro" de sentimento á espera da conquista dalgún cabaleiro.

Sigo querendo tocar o piano e da forma que o fago, e máis ca nunca iniciar as clases de guitarra para o que xa dei o paso inicial. E ainda que dixen que non organizaría festival navideño remato o ano cos ensaios teatrais para o estreno do día 8, pero sigo aprendendo de cada un dos cativos que dirixo.

Si ben é certo que o destino ou o que sexa apretou un pouco, aprendín a valorar o que teño antes de perdelo ainda que ás veces resulta moi, pero que moi complicado.

Compartín vivencias extranxeiras acollendo de bo grao a francesa de intercambio dunha de miñas irmás sendo toda unha experiencia, unha grata experiencia!

Moitos quererán que acabe o ano xa, outros posiblemente non tanto, sobre todo os fumadores, parados, embarazadas, pensionistas e traballadores... pero queiramos ou non o ano remata e comeza outro. e só dependerá de nós a forma de vivilo. Para min comezan novas experiencias e de cada unha delas espero aprender.

Sintome orgullosa de cada unha das cousas que fixen e sigo facendo en cada frente que teño aberto e dando o máximo de min e conseguindo o que conseguín sen cerrar a porta a nada ainda que moitos pensen que debería cerrar algunha.

Ó 2011 só lle pido que me dea forzas para poder continuar coa vida. E ós que chegastes ata aquí na lectura e a todos os que vos atopedes representados nalgunha/s da/s miña/s palabra/s NON vos desexo un próspero e feliz ano novo, SÓ VOS DESEXO QUE O 2011 SEXA PRÓSPERO, porque de ser así viviredes grandes e felices momentos polo que estou segura de que será feliz...

E como sempre digo nestas datas... presinto que este vai ser un gran ano...


María
.

martes, 28 de diciembre de 2010

.

Nunca pensei que ese día puidese chegar.
Si, é extraño.

Sentir que non queres colocar adornos? Non sentir o espírito do Nadal? Si antes era o que máis che gustaba!!

Sempre temín que chegase. E chegou. Sen saber cómo nin por qué. Pero chegou.

Non a aborreces, porque as persoas que aborrecen o Nadal é porque tiveron moi malas, pero que moi malas experiencias nesta época. Eu desexolle o mellor a todo o mundo para disfrutar desta época e gústame ver os seus sorrisos de felicidade. Pero simplemente este ano non habita en min ese espírito e a súa ausencia só me fai chorar...


María
.

viernes, 24 de diciembre de 2010

Despois da lotería...

...Noiteboa e Nadal!

Hola a todos os lectores que día a día, unha vez á semana, ou de cando en vez, tedes a amabilidade de abrir este pequeno espazo que creei!
Para todos vós, esta entrada!

Nun día coma hoxe, e como o será mañá, só espero e desexo que o poidades pasar todo o mellor posible. Non sempre se pasa con quen se quere nin como se quere. Ben porque non estamos no noso fogar, ben porque esas persoas que esperábamos non poden vir, ou ben porque xa nunca máis estarán con nós. E sexa o primeiro ano que non están, ou sexan xa varios, sempre os recordamos, e son momentos tristes. Pero ainda así debemos facer que sexan unhas boas datas. Seguro que eles así o querían porque de estar con nós serían os primeiros en celebralas.
Debemos disfrutar dos que sí están para non lamentar despois tempo perdido. Así que a disfrutar da compañía que teñades!!

Para todos vós tamén deixo este vídeo co que unha das persoas máis grandes que coñecín nos últimos anos me felicita o Nadal...



...porque ano tras ano, as palabras repítense, pero as palabras só son iso, palabras. Sin embargo que sepades que o sentimento si que segue sendo o mesmo!

FELICES FESTAS!
FELICES FIESTAS
Bon Nadal
Zorionak
Merry Christmas
Joyeux Noël
Bon Natal
Frohe Weihnachten
God Jul

jueves, 23 de diciembre de 2010

Con sentidiño...

Só decir unah cousa moi clara: nestas datas, cada vez que collades o coche, tede todos os sentidos postos no que facedes, oprque si en causas e momentos normais é difícil a perda de alguén, nestas datas é terrible. Xa non polo que lle poida pasar á persoa que infrinxiu as normas, senón polos danos que pode causar...










María
.

FELIZ NADAL

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Uno de esos días...

Hoy es uno de esos días en los que es mejor no levantarse.
Cuando eres capaz de despertarte y despejarte antes de que suene el despertador y sin tener que levantarte a una hora especial para hacer nada en especial, solo pueden pasar dos cosas:
Una, que sea un día estupendo.
Otra, que sea horrible. Y no horrible porque no te pasen cosas extremadamente malas, sino porque no te pasan cosas buenas...

Un día de esos en los que el mundo parece ponerse en tu contra, en los que necesitas dosis extra de cosas relajantes en tu vida para poder continuar. De esos días en los que un cúmulo de acontecimientos y recuerdos se juntan para hacerte ver el lado triste de la vida.
Uno de esos días en los que encontrar el pensamiento positivo hace que gastes demasiada energía luchando contra el negativo.

Uno de esos días en los que solo quieres pasear hasta un lugar lejano y olvidarte del mundo porque no sabes si pasear por ambiente navideño te ayudará a flotar o te hundirá aún más. No quieres que la gente te hable porque sabes que vas a contestar mal. Que no es un buen momento para que te pregunten "¿Qué tal?" porque no serías sincer@ si respondes "bien" cunado en realidad no estás para nada "bien".

Y solo en días como hoy los amig@s y l@s herman@s son las personas más necesarias de todo el universo.
En días como hoy sabes que los que te dicen que todo irá bien non son exactamente los que te ayudan aunque lo intenten, pero que los que dicen "o te levantas o te saco yo de una oreja" son los que te tiran el salvavidas...


María
.

FELIZ DIA DE LA BUENA SUERTE!

martes, 21 de diciembre de 2010

"Mar libre"

"A historia dunha loita pola liberdade"

Alguén viu esta miniserie que se emitiu na galega tanto este martes coma o día 14?

Pois eu si.
Sempre hai que darlle unha oportunidade a determinadas emisións que fai a nosa canle autonómica, pois é unha maneira máis de contribuir á nosa cultura, é un punto máis que nos caracteriza como galegos.

Ésta tratábase dunha serie entre a ficción e realidade, e ainda que nun principio me desgustou un pouco (quizais porque tiña expectativas moi altas) a verdade é que hoxe ainda estivo bastante ben.

Transcorre no ano 1789, na costa galega arredor da industria da conserva da sardiña.Entre pescadores, intendentes e terratenentes van sucedendo as diferentes historias que viven os personaxes. Entre amores, loitas pola liberdade (de comercio e de expresión, liberdade de dereitos) e distintas linguas... Conviven na mesma serie de época o galego, castelán e catalán (o "imperio" da sardiña foi impulsado polos cataláns 15 anos antes da época na que se sucede a serie).
Ainda que o distinto idioma depende en parte da clase social á que pertenzas, é bonito ver como non é un tema que inflúa na convivencia dos personaxes que en moitas ocasións o empregan de maneira indistinta.
Non sei si na actualidade se goza de tanta liberdade como se aparenta na ficción...

Non é a primeira vez nos últimos 5 días que vexo producións galegas, tanto na TV coma no cine, e penso que é unha das mellores formas de axudar á zona xeográfica na que vivo e á cultura á que pertenzo!


María
.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Cousas que pasan sen esperar...

Ás veces un desexa que pasen cousas con moita forza, e non pasan. Outras apenas o pensas e suceden pillándote de imprevisto.

Tamén están outros momentos nos que se pensan cousas, pero non se conta que pasen, e suceden. Porque no fondo máis persoas pensan nesa idea á vez, e esa forza oculta que todos pensamos que existe, pero non sempre nos atrevemos a recoñecer, fai que sucedan.

Eu anhelaba verte, pero perdera a esperanza pois cando con máis forza o desexei non apareciches, máis cando nin te esperaba, volvinte ver...


María
.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Liberdade e confianza

Poder falar do que un quere, cando quere e sen ofender a ninguén coa propia opinión.

Poder falar sen ter vergoña do que se di nin de como un é.

Non sempre é doado, e menos atopar con quen ser así. Eu, grazas a Deus, creo ter ese espazo na miña vida e xente con quen compartilo.



María
.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Outro día máis

Levantouse.
A mañá ofrecía unha estampa do máis invernal. Facía moito frío, a néboa cubría as vistas e semellaba estar soa ante a nada.

Decidiu vestirse.

Non tiña fame, así que a hora do almorzo pasou inadvertida.

Estaba de aniversario. Ninguén se decatara.
A verdade é que levaba soa bastante tempo. Na vila víana como unha estraña, pero ela finxía que non lle importaba.
O certo é que no seu interior sentía a soidade como algo que a comía pouco a pouco, que a dominaba e da que non sabía como escapar.

Agora xa daba igual.

O reloxo da sala tocaba as 12 da noite. Coa última badalada a cadeira sobre a que estaba caeu ó chan, e coma si da continuación do péndulo se tratase, colgaba ela sen vida.


María
.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Un día máis...supoño!

Xa rematou un día máis. Porque supoño que foi iso, un día máis!
Puido ser un día especial, pero chegado este momento creo que non, que foi iso, un día máis.

Puido ser especial porque puiden sair feliz dun dos exames máis importantes que levo feito na miña vida académica, pero non foi así. Os sentimentos ó rematalo foron todo o contrario. Non se pode dicir nada ata que non se teña o resultado obxetivo, pero para ser un exame fin de carreira, máis que facilitarche as cousas, a dificultade desa proba era similiar á de atopar unha agulla nun pallar. Que nunca me puxen a buscala, se cadra de poñerme atopabaa pronto, pero nunca o fixen. Polo que non sei con exactitude a súa dificultade, pero é o que sempre se di cando nos parece moi complicada unha cousa.

Este sentimento é compartido, polo que si non estou no certo e en realidade o exame non era tan complicado como mo pareceu, varias persoas das que alí estabamos sufrimos un Trastorno Psicótico Compartido e a nosa idea delirante, claramente garda relación entre uns e outros...

Pode ser que esperase estar máis eufórica do normal, é dicir, con respecto ó meu nivel premórbido, antes do exame, e non me mostrase así finalmente para non parecer un suxeito en pleno Episodio Maníaco como sufría o exposto no primeiro caso que se nos plantexou...

Tamén pode ser que a min non me saise todo o ven que esperaba porque non me adaptei ben á situación ambiental e o axente estresor (o exame) me superou polo que a razón dun posible suspenso non sería que estudiase ou deixase de estudiar senón por padecer un Trastorno Adaptativo. Trastorno que sufría a pobre Clara, protagonista do caso clínico exposto en segundo lugar.

Sexan por estas cuestións ou non, o caso é que non saín contenta e que a sensación é totalmente contraria ao nivel de estudio que levaba e que creo poseer. Pero xa se sabe, esta percepción é subxectiva, e as probas académicas non sempre son todo o obxetivas nin eficientes que deberían... tocará esperar!
Continuarei a miña vida da maneira máis normal posible, ou menos anormal posible, todo depende. Porque o concepto e definición de anormalidade non está de todo claro e "locos" xa sabemos que todos o estamos nalgún momento da nosa vida!


María
.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Pasando follas ata a sección de DEPORTES

Como habitualmente fago, hoxe cando fun tomar o primeiro café da mañá, collín o xornal que quedaba libre [Despois tamén rescatei dunha mesa un dos gratuítos, teño que recoñecer que un día sen un destos xornais parece que falta algo].
Antes comezaba a ler o xornal directamente polo final, ainda que algúns me dixeran que eso era non saber lelo. Nunca fixen caso do que me di determinada xente àllea a min], ainda que sempre escoito . Si é unha manía miña, que lle vou facer? Non fago mal a ninguén e entérome igualmente do que me di.
A cuestión é que agora levo unha tempada comezandoo polo principio. Quizais para ver a portada en primeiro lugar, pero a verdade é que non sei a ciencia certa a razón. Se cadra o feito de escoitar sempre a opinión dos demáis fixo que o meu subconsciente cambiase a miña forma de actuar, pero este é un tema para preguntar a un psicólogo, e non é o fin desta "entrada".
Collo o xornal, miro a portada, e ábroo. Leo as opinións, cartas e editorial. Despois comezo a pasar páxinas.
Hoxe deime conta de que cada vez paso máis rápido as páxinas de política, pero é que non din cousas novas! Eu vivo neste país, e non me interesa saber como se rebaten uns partidos a outros nin un intercambio de insultos sen aportar nada novo, e como a cuestión da educación española tampouco é un tema novidoso, pois pasemos. O tema de controladores...pois tamén cansou sendo a nova de toda a ponte e fastidiando a determinada xente [considero inxusta a forma que tiveron de actuar, se alguén pode aportarme outra opinión estarei encantada de recibila].
Tamén pasei rápido as páxinas internacionais, pois mentras non se deciden nunha postura os coreanos, nin descubran onde está o "manda-más" de Wikileeds, ou ler noticias incompletas sobre o Sáhara, pois tamén pasamos de páxina.
Pouco a pouco cheguei á sección de DEPORTES, que hoxe me interesaba especialmente.
Hai uns días dixéronme que para ser muller estaba moi metida no "tema deporte" e que semellaba moi "futbolera". Si ben é certo que a maioría das mulleres non abundan, nin están moi interesadas no deporte, e menos no fútbol, eu non o considero raro. Sigo moitos deportes e apoio moitos deportistas.
Tomei como un alago esas palabras e expliquei a miña posible influencia para tal interés.
Penso que non se debe ver raro que as mulleres se inclúan no mundo deportivo [e non o digo no sentido sensacionalista que se deu con Sara Carbonero e que resta profesionalidade a este gremio]. as primeiras en non velo raro debemos ser nós mesmas, pois si un tema se trata con normalidade non será raro para ninguén.
Hoxe tódalas seccións de DEPORTE comezan cun tema negativo para este sector: a dopaxe.
É máis, ata as viñetas da maioría [por non dicir todas] fan referencia á dopaxe e á protagonista do día: Marta Domínguez. Atleta coa que todos sufrimos cando caeu antes de chegar á meta nos últimos XX. OO.
Este suceso que definen como "novo golpe ao deporte español", comeza a cansar á xente seguidora do deporte como a unha servidora.
Cando comezou o "asunto CONTADOR", e xa se levaba un tempo coa mosca detrás da orella asomando tamén o caso de MOSQUERA, EZEQUIEL Mosquera, eu dixen: "si, que agora vai resultar que todo o que alcanzan os deportitas españois foi grazas á dopaxe". Non será que teñen envidia de que dominemos tantos campos deportivos?
Agora engado outra pregunta: credes que será certo que todos os casos que sairon á luz son certos?
Tamén PAQUILLO (marchador) está suspendido. Entón, que, puxéronse todos dacordo? España dividida polo efecto da crise que ferve dentro de un, e os deportistas póñense dacordo apra doparse e gañar títulos?
Sinceramente a miña humilde opinión é que "nin os bos son tan bos, nin os malos son tan malos". Poderá ser que algún se dopara[ secadra moitos] pero creo que hai unha clara presión sobre o deporte español e algún tipo de "traidor" nalgúns campos deportivos.
Tiven a sorte de poder coñecer un pouco máis a fondo e de boa man, o caso de EZEQUIEL MOSQUERA, e sinceramente creo que a veces, os deportistas quedan desamparados. Que é moito o esforzo que hai que pasar para lograr grandes títulos e metas e que cando saen temas destes a pouca xente lle importa se é verdade ou mentira mentras se venda o sensacionalismo.
A este paso deberían ter coidado as distintas SELECCIÓNS ABSOLUTAS non vaia ser que os balón de ouro ou as grandes estrelas de equipo sexan acusados con infamias dete tipo. Porque supoño que ó futuro "balón de ouro Del Bosque" non lle dirán que se dopou para ordenar a técnica a seguir...

Sen máis, GRACIAS aos que chegastes ata este punto!

María
.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Ánimos

Si te caes...levántate.
Si non tes ganas...sigue adiante de todas formas!
Si non crees en ti...cree nos que tes preto e che din que vales, que podes!

Ninguén dixo que a vida fose fácil, pero sí que pode ser marabillosa...


María
.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Sensible

Sen máis un olor chega a ti, un ruído, unha sensación... e un sentimento esperta dentro de ti facendo que imaxes almacenadas na túa mente se reodenen e te fagan sentir distinto.
O pelo pónseche de punta e sintes un escalofrío recorrendo todo o corpo.
Non sabes o que é, pero cambias.




María
.

Seguidores