Hoxe vou facer a través deste pequeño e a súa vez grande espazo unha proposta para os lectores.
O xoves descubrin por recomendación dunha rapaza á que teño por amiga e compañeira en certas actividades, un blog que ata o momento decoñecía: “el blog de anna” : www.elblogdeanna.es
Xa que as verbas de Tamara foron: “non ten desperdicio” o 1º que fixen tras elas foi buscalo. Certametne, non ten desperdicio.
Trátase dun blog que a nai de Anna escribe contando vivencias e historias de interés acerca da súa filla e todo aquilo que se relaciona con ela, pois sofre unha anomalía cromosómica no par 21, o que todos coñecemos como Síndrome de Down”.
Esta é unha enfermidade que se coñece e ao mesmo tempo se descoñece pois non sempre se trata como se debe, nin o síndrome nin á persoa que o sofre, ben por ignorancia, ou o que é peor, por insensato e falta de razonamento, por crerse superior ou con máis rango que aquel que a padece…o cal se traduce outra vez, e dende a miña perspectiva, en ignorancia, pois aquel que actúa así, perdoade a expresión, pero moi listo…non é!
O caso, que a min, a forma de transmitir desta nai, captoume, e a nena…cautivome! É tan linda e semella tan agarimosa, que non sei como pode haber xente que se meta con estas persoas. Por iso a miña aposta de hoxe é a recomendación de que vos pasedes por el e lle botedes un vistazo, logo será decisión vosa seguir as “aventuras” de Anna.
Tamén deixo unido a esta entrada, a entrevista que Iñaki Gabilondo lle fixo a Pablo Pineda, todo un exemplo de que estas persoas se poden desenvolver en calquera ámbito que se propoñan sempre que se lles preste o apoio e axuda necesaria. Así como dous nenos con todas as súas capacidades desenvoltas difiren entre si na capacidade que cada un ten de aprender, ou de concentrarse, ou de entender as cousas e necesita o seu ritmo de aprendizaxe, pero que si se esforzan chegarán onde queiran, como di Pablo Pineda, “cada uno puede llegar hasta donde quiera llegar”.
enlace para o vídeo...
http://www.youtube.com/watch?v=xWjMn1c-Kxk&feature=PlayList&p=19D5693A2DF92FFF&index=0&playnext=1
Un saúdo
María.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
viernes, 19 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario