sábado, 20 de febrero de 2010

SMARA

Hoxe máis ca "cautivarvos" (si é que o consigo nalgún momento...)coas miñas verbas, fágovos outra proposta, pero sen desviarme da literatura, pois é un libro.

O venres, un compañeiro e amigo meu emprestoume un pequeno libro que eu descoñecía.
Mirei o libro, mireino a el, ollei o libro e comecei a ler a contraportada.

A miña cara de extrañeza (que non debeu mudar dende que el de repente sacou o libro non sei moi ben de onde...coma sempre, a verdade. A súa mochila ten certo símil co bolso de Mary Poppins... Tenme deixado bocaaberta varias veces dende que o coñezo con todo o que pode chegar a sacar dela...)Pois o dito, que a expresión da miña cara non debeu mudar porque me dixo que si non tiña tempo, ou non o quería que non pasaba nada. Pero ainda que tiña outra lectura agora mesmo enriba da mesiña de noite, aceptei a proposta.

Non sei si pola miña faceta de voluntaria a prol do Sahara ou o por qué, pero intuio que o meu amigo sabía dende o momento en collín o libro, así como soubo que non era un dos meus mellores días, que o libro non me ía desagradar...

Cando me metín na cama dixen: " imos botarlle unha ollada á primeira páxina a ver de que vai isto". E non puiden deixar de ler ata a páxina 33 e porque os meus párpados estaban gañando a partida...

"Na tenda escura e miserable, o aire semella sólido, un caldo onde se mesturan a calor, o arrecendo a especias -caixas de cravos e canela, botes con follas de menta- o amargue cheiro de pelicas e coiros; catro vellos beben té rosmando lerias comerciantes, e detrás pendura un tapiz cos debuxos esvaídos polo tempo e o pó, pero aínda visible a imaxe dunha cidade, tecida con fíos dourados e unha ringleira de xinetes, todos eles co turbante abaixado sobre os ollos como se durmisen.
E quizais durmir sexa o vieiro para ve-la Cidade, pois tal foi a súa orixe: un soño."

FRAGMENTO DE: "Historias da Ciadae do Deserto" Xaquín del Valle - Inclán.


María

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores