A axenda comeza a encherse de novo...
Cada día, cada hora, cada oco...
Vivías nunha simulada liberdade sen horarios nin preocupacións, pero ese tempo pasa voando, e sen decatarte apenas, volves a un día a día marcado, limitado...
Non se sabe si é unha volta ao día a día cheo de rutinas ou si volves a un día a día cheo de inquedanzas e que faceres que van enchendo a túa axenda dando movemento á túa vida. E quen sabe si entre elas se esconden tímidamente sorpresas que farán desa aparente monotonía un algo especial con momentos apaixonantes. Secadra tomas o café con alguén que te fai rir, reencontras amizades, daste conta de que te rodea xente estupenda, tes a idea grandiosa que che abrirá portas no futuro laboral, cruzas unha mirada que te fai sentir especial...
Pode ser que as sorpresas sexan todo o contrario, pero non a ser así, nin sempre nin ó longo de toda a xornada, só tes que buscar o bo do que che pase, porque despois da tormenta sempre vén a calma, e cando algo malo che pasa ten por seguro que hai unha razón, e esa mesma che a de traer aquilo positivo que necesitabas...
Seguro que moitas cousas se repiten, porque haberá momentos que debes repetir cada día, un tras outro, pero poderás ver que o que te rodea muda e un simple cambio de lado na mesa na que sempre tomas o café, ler o xornal dende a outra punta da barra, sair pola porta contraria á de sempre...son pequenas cousas que farán mudar a túa perspectiva mostrandoche un mundo novo...
Ti escribes o teu propio guión vital, abre a mente para poder darlle novas aventuras!
Certamente non sei que depara esta nova etapa, pero xa hai ideas, actividades, eventos, encontros...e pouco a pouco a axenda comeza a encherse de novo...
María.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
miércoles, 24 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario