martes, 16 de febrero de 2010

Complicada Decisión

Sen máis un día estoupas.
Crías que o tiñas todo controlado, resetabas e eras respetado, facias o posible para ter orgullosos aos que te rodean, pero en realidade non eras ti.
Non había nada controlado e no fondo, tampouco agradabas aos q estaban contigo...
Comezas a sentirte fóra de lugar, apartado do mundo, o que fas non ten sentido nin para ti, estás coma nun soño e cres que o vivido non é real.
Esperas espertar para poder comezar de novo e reescribir un capítulo que non convence, pero amigo, non es parte dun capítulo, estás na vida e iso é algo que non podes reescribir.
O feito feito está, e o vivido xa non o podes cambiar!
Agora ben, antes de desistir, tes dúas opcións, deixar que outros escriban as páxinas da túa vida escollendo por ti, ou ser ti o que coma nun conto de aventuras para nenos nos que chegas á páxina 9 e tes que escoller a decisión que toma o protagonista. Segundo a cal vas á páxina 14 ou a 75, segundo a cal serás o heroe que remata un conto feliz ou que en troques remata o conto con 9páxinas de nada...
Está na túa man recoller cada pedazo que caeu tras estoupar e recompoñelo para lograr a felicidade...eso que moitos buscan desesperadamente pensando que a van atopar toda xunta e para sempre, pero en realidade sempre está aí e en pequenas dosis, pois todo en abundancia é malo.
Si a felicidade é o mellor que pode haber para sobrevivir, ten que vir en frascos pequenos, como toda cousa boa, é a única maneira de ter dosis para unha longa vida...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores