20:30h...
Levas tempo sen ver a alguén, distancia física entre ambos, pero sen deixar de estar unidos... A amizade non fai que a distancia entre seres humanos desapareza, pero da vida cando te atopas solo, da consolo cando parece que non tes nada...
Poder volver a vernos é un dos regalos que a vida e o destino nos da.
Nun pequeno trozo de papel, cheo de recordos inesquecibles, foron poucas as verbas e sentimentos que puiden plasmar, pero ben expresado está o dito "lo que importa son los hechos..." e deses existen moitos entre nós...
Moitos poderán pensar que os nosos pequenos espacios non son paraísos, pero sempre que neles permanezcamos xuntos non haberá en todo o mundo outro lugar mellor, pois como William James mencionou, "allá donde estés serán tus amigos quienes constituirán tu mundo".
Grandes sentimentos nos unen e non quero esquecelos, pois danme apoio en momentos baixos, ánimos no día a día, tristeza e alegría, sobre todo risas, moitas risas...
Os momentos que vivimos fan que poida ser eu, que sexa capaz de disfrutar, de sentir, de querer...
Momentos que reúnen anaquiños desa ansiada felicidade total!
Se conseguimos pasar tormentas e vendabales, distancias e horarios, estou segura que serán poucas as cousas que nos impidan xuntarnos cando así o desexemos!
A amizade está aí. Creouse entre nós e deixamola medrar. Estámola coidando e por iso, nunca morrerá!
Ademáis están comprobadas as verbas escritas por Pan Brown cando di..."cuando van de compras, las amigas de toda la vida tienen piernas que marchan al mismo ritmo, lo que supone un movimiento coordinado hacia la cafetería más próxima".
En pouco tempo vivimos moitas aventuras, pero as que nos quedan por vivir son incontables porque se darán cada vez que nos reunamos...
Só me queda decir que unha vez que atopas unha amizade, si a consideras valiosa e de verdade non se debe deixar escapar, eu aos meus amigos non os esquezo, olvido ou deixo...
14h. en punto...ata pronto...
María.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Gústame :)
ResponderEliminargracias sabela!!
ResponderEliminar