Toca falar da realidade. Dun acontecemento que me toca de preto...
Vivindo en Galicia é normal que chova. Estando no "microclima santiagues de Compostela" debería estar máis que acostumada á choiva. E estouno.
Pero o que nos está a acontecer estes días non é a choiva á que todo galego destes tempos está acostumado...é máis ben un tempo da época de meus avós sendo xóvenes...
Había tempo xa que non se recordaba tanto frío, pois nevou, nin tanto vento (alerta de ciclón para a fin de semana) e xa había uns cantos anos que nin tanta choiva pois ainda que eu recordo o desbordamento do Ulla ao seu paso pola miña localidade (Teo) xa pasaron anos, e ademáis sucedeu porque estivera sen parar de chover de setembro a xaneiro...
Hoxe (xoves) non tiven clase, así que non tiña pensado saír da casa ata ir buscar a miña irmá máis pequena ou ir dar a miña camiñata diaria.
Vivo preto dun río, o Ulla, paisaxe de gran beleza onde as haxa nun día normal, en estacións máis tranquilas e soleadas é un paraíso natural...
Ainda que a miña opinión é de carácter subxetivo, a min gústame todo o ano...
De feito estou encantada de vivir no lugar en que vivo, cuna do meu medrar e da miña inspiración en moitas ocasións...
Pois hoxe, este temporal que estamos a vivir fixo que as augas do Ulla ao seu paso por Pontevea, saisen do seu cauce desbocadas e penetrasen nas terras das súas ribeiras sumerxindo camiños e terreos, subindo ata rozar a barriga das pontes que por riba del nos permiten pasar...non sei ata cando logrará conterse antes de deixarse levar sen control algún.
Como se pode ver, estamos ante desastres naturais ante os que moitos din non se pode facer nada...outros auguran o Apocalipse, idea extrema creo eu, ainda que dado o panorama mundial non me atrevo a dicirlles moito...
Realmente non se pode facer nada??ou xa o fixemos por iso agora se descontralan tanto as cosuas?
Estabamos tan acostumados a que non se desen estes acontecementos metereolóxicos que nos esquecemos de que existen?? porque non é que aparecesena gora de súpeto, non.Isto xa pasaba antes, xa fomos deserto e o sáhara un gran paraíso tropical. Xa existiu outra época glaciar...
Nosos avós recordan que no inverno, chovia. No verán facía calor...e logo que queremos que pase?? eu vexo lóxico que no inverno teñamos choiva, vento e frío...pois en Xullo e Agosto quero disfrutar de tempo soleado e caluroso... é así a lei natural...
Por suposto, non espero nin desexo un tornado, nin me gustaría que o ciclón desta fin de semana destrozase vivendas, non. Só digo que moitas das cosuas que están a pasar xa pasaron anteriormente, que todo é un ciclo e que si noutros momentos se superaron e se saiu adiante, debemos estar preparados agora. O verdadeiro problema está en que si non se estaba preaparado antes...estarase agora??
Mentras escribo esto sinto como na fiestra baten as gotas de auga que caen do ceo, está a chover no microclima santiagués...pasará outra vez a riada? Volverá sairse do seu trazado ata meterse nas nosas casas??
María.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario