Moitas veces é fácil que pasado un tempo dunha noticia ou acontecemento deixemos de informarnos sobre el.
O problema de Sáhara Occidental non é de agora, leva 35 anos así!
En ESF (Enxeñería Sen Fronteiras - Galicia, non só para enxeñeiros) levamos traballando este tema, dende o grupo de sensibilización en Santiago de Compostela 2 anos para dar a coñecer á poboación a situación que alí se vive.
Un dos grandes medos da poboación saharaui nos campamentos non son as represalias, nin o medo a morrer, senón a ser olvidados e que ninguén sepa deles e a súa situación de abandono.
A raíz do suceso en El Aiún, estase sacando moita informaciñon e sufrimos un bombardeo tremendo a semana pasada, en parte porque se tocou a fibra sensible dos xornalistas: a liberdade de expresión e o dereito á información.
Dende aquí só vos pido que no canto de saturarvos, sexades vós os que vos informedes da situación contrastando diferentes medios. Eu recomendovos algúns que sei de boa tinta que están informados da situación, non porque eu os coñeza, senón porque fóra do día a día, levan anos tratando o tema saharaui.
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario