... dúas accións que vivín a pé de rúa!
Si, entre a xente, no día a día.
No mundo no que vivimos costa crelo... como versa Fito y Fitipaldis nunha das súas cancións: "...muy pocas personas, demasiada gente..." ("Corazón Oxidado"). Pero si, ainda queda xente que é boa persoa.
Unha desas situacións foi xa hai un tempo. Eu mesma, pensei que perdera as chaves do coche. Digo pensei, porque ata que quixen volver a el non me decatara. Estaba completamente segura de que pechara o coche a distancia e gardara as chaves no bolsillo.
Cando quixen volver, e botei a man ó lugar onde as gardara, sorpresa a miña cando non as dei atopado... Máis ben a palabra que debería ir no lugar de "sorpresa" debería ser "desesperación"!!
Despois de buscalas polo lugar sen éxito algún, tomei camiño ó coche.
Cando cheguei a el sen saber xa o que ía facer, vexo que as chaves están postas na porta do conductor. Non faltaba nada. Eu non deixara as chaves alí, xa dixen que estaba COMPLETAMENTE SEGURA de que pechara a distancia e as gardara. Pechar, pechei a distancia, pero o de gardalas...vese que non acertei e as chaves caeron polo camiño. Fixen memoria e recordei que cando me alexaba do vehículo, me crucei cunha parella coa que intercambiei unhas palabras. Posiblemente eles ( e senón outras almas caritatibas ás que lles estarei eternamente agradecida) visen as chaves, probasen de que coche eran e as deixasen metidas na porta.
Credes que hai moitas persoas que houberan feito iso e non roubarme nada??
A outra situación foi hai pouco, a semana pasada.
Volvía eu camiñando da facultade á casa. No traxecto, un coche esperaba polo sitio para aparcar. De pronto, a persoa que ía sacar o su coche, baixou del e dirixiuse á ventá do conductor que agardaba. Levaba un papeliño na man. As súas palabras foron: "non sei si lle sirve de moito, pero ainda ten para unha hora". E entregoulle o tiquet da ora.
A miña cara non puido evitar esbozar un sorriso tras ver dita acción.
Ainda que no mundo no que vivimos custe crelo, queda algunha xente, que é boa persoa!
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Gústame!! A primeira situación non pasaría, por exemplo, un día no que houbo unha jaima? :)
ResponderEliminarjajajajajajajajaja
ResponderEliminareso non o vou a desvelar...
dios, esta é a xente que un debería agardar un mal día.
ResponderEliminar