jueves, 25 de noviembre de 2010

Ana María Matute e o premio Cervantes

O premio Cervantes é o máis prestixioso da literatura castelá, e este ano por fin, foille concedido a Ana María Matute. E por ese motivo, ainda que este sexa o "mes solidario no meu blogue" non podía deixar pasar a noticia sen facer mención a esta autora.

Personalmente creo que ten unha forza e vitalidade extraordinaria e admirable, e quen puidese á súa idade vivir e disfrutar da vida como ela o fai, e sen deixar de lado a "cordura" para poder guiar a imaxinación.

Outra razón pola que quero facerlle un oco neste espacio é porque estando eu en 4º de ESO, tíñamos a posibilidade de sumar puntos na asignatura de Lingua Castelá lendo libros voluntariamente e facendo logo unha ficha literaria sobre a obra leída. Unha das obras que leín a maiores foi desta autora: "EL verdadero final de la Bella Durmiente".
Xa só o título logrou cautivarme. Posiblemente todos coñezamos ese conto infantil e como remata, cando vin o título de Ana María Matute pensei: "ostras! Saber como continuou a vida de Bella despois de despertar e comer as perdices!"
E non o dubidei, comecei a lelo!
Cando estás nunha época na que pasas de nena a adulto, esta é unha obra do máis axeitado! Coñeces o conto infantil e agora descubres que vai máis alá.
A min foi un dos libros que me marcou, vas descubrindo que as cousas non sempre son tan bonitas nin os finais son tan felices, que a realidade da vida non é tan perfecta.
A min pareceume moi orixinal escribir esa historia, pois posiblemente as nosas vidas se parezan a esta novela máis que ó bonito e feliz conto de nena.
Como "escritora" sei que teño parte dese sentido da realidade en cada "historia" que escribo...
FELICIDADES!

María
.


ALGUNHAS OBRAS DESTA AUTORA [sacado de wilipedia]

Novelas
Los Abel (1948)
Fiesta al Noroeste (1952)
Pequeño teatro (1954)
En esta tierra (1955)
Los hijos muertos (1958)
Primera memoria (1959)
Los soldados lloran de noche (1963)
Algunos muchachos (1964)
La trampa (1969)
La torre vigía (1971)
El río (1973)
Luciérnagas (1993)
Olvidado rey Gudú (1996)
Aranmanoth (2000)
Paraíso inhabitado (2008)

Relatos cortos y cuentos para niños
La pequeña vida (1953)
Los niños tontos (1956)
Vida nueva (1956)
El país de la pizarra (1957)
El tiempo (1957)
Paulina, el mundo y las estrellas (1960)
El saltamontes y El aprendiz (1960)
A la mitad del camino (1961)
El libro de juegos para los niños de otros (1961)
Historia de la Artámila (1961)
El arrepentido (1961)
Tres y un sueño (1961)
Caballito loco y Carnavalito (1962)
El río (1963)
El polizón del Ulises (1965)
El aprendiz (1972)
Sólo un pie descalzo (1983)
El saltamontes verde (1986)
La Virgen de Antioquía y otros relatos (1990)
De ninguna parte (1993)
La oveja negra (1994)
El verdadero final de la Bella Durmiente (1995)
El árbol de oro (1995)
Casa de juegos prohibidos (1996)
Los de la Tienda (1998)
Todos mis cuentos (2000)
La puerta de la luna. Cuentos completos (2010)

1 comentario:

  1. yo habia leido Paulina. Recuerdo que me habia gustado pero no recuerdo de que iba... ahora me entra curiosidad por el otro.. ya me lo dejaras!

    ResponderEliminar

Seguidores