sábado, 27 de marzo de 2010

Soño Eterno

As 00:47.

Ollos coma pratos.

A miña mente funcionando, non deixa que a capacidade onírica chegue a min.
Estou coma inmerso noutro mundo. Un mundo de análise.

De súpeto, os párpados pechan e volven abrirse na mesma porción de tempo na que unha bolboreta bate as súas ás.

O vento, fóra, bate contra a fiestra.

A lingua pégase ao padal e a gorxa semella un deserto.
Penso en ir beber auga, máis... non podo. Son incapaz de mover as pernas, os brazos, o corpo. Só atino a mover a cabeza.

Sinto como o corazón se me acelera, o ritmo da respiración aumenta ó igual que o vento no exterior, pois cada vez é máis forte...

Non entendo que está a pasar...

Teño unha forte dor na espalda e ainda que quero berrar, non me sae a voz...

Sen máis os ollos ábrense e esperto cun sobresalto que me fai saltar na cama.
Recostome outra vez . Teño a tranquilidae de que podo moverme, ainda que extrañamente a dor da espalda trasladouse á parte dianteira e de maneira intensa.

O vento foi calmando, sen embargo, a respiración e o ritmo cardíaco continuan.
A dor é tan forte que sinto como me aperta as bonecas e o pescozo.

Os parpados pesan e deixanse levar ata que sen máis... deixo de sentir...

1 comentario:

Seguidores