martes, 9 de marzo de 2010

As Viaxes.

As viaxes sempre son novas experiencias...

Podes facelas soas ou en compañia, non cabe dúbida de que son mellores estas últimas.
Poden ser por traballo ou por ocio, non cabe dúbida de que son mellores estas últimas.
Podes non ter ganas de emprendelas ou debecer por facer unha.

A cuestión é que en calquera dos casos, planifíquela ou non nunca sabes o que realmente pode pasar...acaban sendo desconcertantes, apaixoantes, horribles ou un soño do que non queres espertar.

O importante é que unha vez que te pos en marcha disfrutes dela, do que ves, do que sintes, do que vives e da compañía...

Chegados ao destino unha simple mirada pode mudar todo o anterior e facer que os teus sentidos cobren vida por sí mesmos. Podes atopar a oportunidade que sempre esperaches, afianzar as amizades que tiñas, despexar a mente e sentirte novo e revitalizado, prendarte dunha mirada que acompaña un soriso e mudar para sempre a túa vida...

As viaxes sempre son novas experiencias...


María.

1 comentario:

  1. =)... Desde luego ese viaje era como para inspirar... xDD

    ResponderEliminar

Seguidores