viernes, 19 de marzo de 2010

"Pater"

19 de Marzo...

Se hai uns días as letras que aquí escribía ian dirixidas á nai, hoxe non podía esquecerme da outra parte.

Un pai é unha das figuras máis importantes dentro da familia, é alguén que te protexe, que tes como moi forte en todolos sentidos. Sabes que te defendería sempre e moitas veces é o exemplo a seguir, subido a un pedestal, coma teu pai non hai outro!

Decátaste de que compartes ideas e opinións, que hai algo de el en ti.

Confías en el e esperas que se sinta orgulloso de todo o que fas. Por iso a confianza mutua nunca se debe perder...

Intenta guiarte, educarte, moitas veces non acertarán, pero sabes que te queren e o que desexan para ti é o mellor.

Cada vez máis os fillos infravaloran o cariño e persoa que representa (os pais en xeral)decatandose tarde do que significaban as súas actuacións.

O día do pai só é un, 19 de Marzo, pero el dou moitos da súa vida polo fill@.



María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores