domingo, 21 de marzo de 2010

Primavera

- Nótalo?
- O que?-respondeu ela sen apartar a vista do horizonte.
- O susurro da brisa cando pasa onda nós.-dixo el mirándoa.

Ambolos dous estaban sentados na verde ladeira xunto á amendoeira que tantos segredos lles leva gardado. Era unha tarde fresca, pero soleada. Co ceo despexado, só se divisaba algunha que outra nube sobre o fondo azul, ás cales intentaban sacarlles parecido.

Corría unha leve brisa que facía ondear os seus cabelos negros deixando ver a beleza da súa faciana.

Entón ela xirouse pra miralo e preguntou:

- Que che di?

Sen deixar de mirar fixamente os verdes ollos da súa acompañante dixo:

- Que teño sorte.
- Por que?
- Porque chegou a primavera. Un ano máis a natureza deixa sair o máis fermoso que nace dela e eu estou aquí para disfrutalo.

Sen decir nada, ela volveu xirar a vista cara o ceo. Entón el puxose diante dela dun chimpo e mirandoa fixamente rematou:

- Pero a maior sorte -e fixo unha pausa- é disfrutala contigo ao meu carón.

Sen máis bicouna.




[Un ano máis xa entrou a primavera!]

María
.

1 comentario:

  1. breve, doce, delicado en definitiva moi bonito... encántame a túa progresión, como persoa, como escritora...

    ResponderEliminar

Seguidores