jueves, 22 de septiembre de 2011

Último día de verán (2011)[Hº sen final VII]

Si por marzo xa se lle notaba a medra aos días agora comezamos o proceso inverso. O venres 23/9 entra o outono! Polo tanto hoxe foi o último día de verán.
Non é a primeira vez nestes últimos anos que durante o mes de setembro veñen días nos que se pode ir á praia.
Hoxe, para despedir oficialmente o verán foi un deses días.Cun bo equipamento e a mellor das compañías, hoxe tocou praia.



-->
- Hoxe remata -dixo Adrián coa voz algo tristeira.
- Pero valeu a pena -contestou Anxo ao seu carón.
Estaban os seis sentados na area, mirando coma hipnotizados o vaivén das olas do mar. Corría unha leve brisa e o sol xa comezaba a esconderse.
Ó día seguinte cada un deles volvería ó seu lugar de orixe, e a época de descanso chegaba á súa fin un ano máis. Sabían que ocorrería, levaba sucedendo así xa había unha década. Dende aquel campamento ó que acudiran con dez anos e no que entablaran tan boa amizade, decidiran seguir xuntándose cada verán para vivir novas aventuras. Ningún deles faltara nunca e no seu décimo aniversario decidiran esgotar ata o último raio de sol daquel verán.
- Valeu. Vémonos o ano que vén, non rapaces? -preguntou Xoel sabendo xa a resposta.
- Eso nin o dubides -respondeu Alberto- Ainda nos quedan moitas festas que facer!
- Pois entón aquí xa acabamos por hoxe, imos tomar unhas cañas? -arrincou a dicir Tomás.
Ningún deles levou a contraria. Colleron os seus bártulos e marcharon entre risas cara "o bar de sempre".
[Historias sen final VII]


E como alguén dixo unha vez, que bonito é chegar con areas nos pés (para aquel que lle guste a praia, claro!!)


Agora xa entramos noutra estación, chegará o día no que cambiemos a hora de novo, e como reza o dito: "ata Santa Lucía medra a noite e mengua o día".

FELIZ OUTONO!


María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores