miércoles, 14 de septiembre de 2011

De como foi o curso de verán da USC no que intervín como voluntaria de ESF

RECORDANDO...

O pasado 20 de Xullo ESF tivo representación no curso de verán da USC sobre "O compromiso social da xuventude. Participación e aprendizaxe-servizo" a través da intervención da voluntaria María Vázquez da sede de Compostela nunha mesa redonda sobre: "Aprendizaxe-servizo na universidade: innovación e boas prácticas".
A intervención consistía en explicar a función de ESF en relación ao tema da mesa e como se implicaba ao voluntario universitario na asociación. Así mesmo, que sentido tiña na súa formación profesional e persoal.

ESA TARDE...

"Cando cheguei á facultade de CC da Educación estaban no descanso. Antes da miña intervención estivera Agrafojo, o cal xa mencionara a nosa asociación como exemplo, o cal foi unha sorpresa agradable.

Tras falar con Alexandre (o contacto que tivera todo este tempo por parte da organización do curso) comentaronme un pouco como ía ser a intervención e coñecín o resto de poñentes da mesa. Todos caras coñecidas pola cercanía da miña facultade, así que foi todo moi familiar.

A espera foi pouca e deu comezo a mesa redonda.

Os contidos foron moi interesantes. Presentouse un libro, unha guía de materiais e recursos educativos sobre o camiño de Santiago. feita por alumnos e coa axuda do profesorado de CC da educación.

Falouse dun estilo de prácticas participativas que se estaba a levar a cabo en centros profesionais e nos que se implica ao alumno de maneira máis "intensa" (PEINAS).

No tocante ó tema ESFeiro, fixen referencia á forma de integrar aos voluntarios que queren participar con nós. Ao sistema de acollida que se lles da a través do grupo de voluntariado.
Falei de como pode axudar a unha persoa o ser voluntario, como o sistema de traballo que ten ESF mediante grupos, interacción intergrupal, sistema de vertebración, e participación vía mail e outras redes informatizadas pode ser útil na formación dese membro.
No tocante ao que pode aportar a persoa coa súa profesión á asociación, tamén se falou. É evidente que toda axuda é necesaria e máis cando o que trata ESF é de poñer en bo uso as tecnoloxías para que sexan apropiadas, adaptadas ao medio no que se necesitan analizando, en cada caso, o que se necesita.
No relativo á Aprendizaxe-servizo, aportase experiencia e coñecemento e recíbese formación, mediante dinámicas, mediante o traballo en grupo, o cal da un paso no saber traballar que cada quen pode precisar no seu ámbito profesional propio.
No tema servizos, a interacción norte-sur axuda a mellorar comunidades, non só no sur, senón tamén no norte mediante a sensibilización e incidencia usando a Tecnoloxía apropiada ó Desenvolvemento Humano.
Falei do curso de TCpDH.Sobre Tecnoloxía e Sociedade, hai un diálogo cando ESF traballa, faise análise de sociedades cada vez que se pon en marcha un proxecto e durante o mesmo.
Si o proxecto PEINAS das prácticas do alumnado de educación é Servizo adaptado a cada asociación na que o alumno fai prácticas, ESF fai un Servizo adaptado a cada comunidade na que participa.

Podo comcluír decindo que me encantou participar no curso, representar a ESF, que agradezo a amabilidade e trato dos organizadores así como o agasallo da guía.
SER VOLUNTARIA EN ESF, MOLA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores