"A veces hay que distanciarse para apreciar una obra de arte"
Esta frase cautivoume, é tan aplicable a outros ámbitos da vida máis alá da arte...
Por que poñer esta frase hoxe?
Por Marta.
Pensar agora nunha vida sen ela faiseme imposible, e a simple idea de pensar que mañá non estive crea un nudo na miña garganta e fai que os meus ollos segreguen bágoas.
Marta é moita Marta.
É unha cadea que te deixa distanciarte pero que me é moi necesaria para que a miña parte imaxinativa e soñadora sepa que sempre hai que ter un pé na terra.
É esa crítica que sempre te fai ter outro punto de vista, que sempre che di o que pensa por moi duro que sexa porque ela é así. Hai que saber ver a importancia deses consellos disfrazados.
Marta é ese sorriso que te fai rir, esa cara e eses ollos que fan que sorrías.
Marta é carácter, tranquilidade e nerviosismo á vez.
Marta é a diferente, a do medio, a "primeira".[dende o meu punto de vista]
Marta é moita Marta, pero sobre todo é a MIÑA Marta.
Marta, é a miña irmá, e as 21 primaveras que cumpriu hoxe fan que sexan 21 anos ao meu lado!
QUÉROTE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario