martes, 27 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 3]

Día 3 sen Cortizo.

"A espera faise eterna.
Vai ser certo que quen espera desespera porque non sei como ela da aguantado sen saber nada.
É incrible como ainda arredrados físicamente a miña mente está máis apegada a ela ca nunca.
Creo que antes non pensaba tanto nela... Agora... Agora case cada cousa que fago perde sentido se ela non existise.
 
Por que quererá que me acostume á súa ausencia?
Por que me pide 21 días?
Que pretende mostrarme?
 
Hoxe teño moitos momentos e recordos na mente.
Hoxe teño moitas preguntas que facerlle.
Hoxe quería tela comigo, decirlle todo o que sinto e aquelo que nunca lle dixen."


María
.

lunes, 26 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 2]

Día 2 sen Cortizo.

Como a coñecín?
Pois apareceu na miña vida un pouco sen pensar. Coma un ovo "kínder" , de sorpresa. E de feito nunca mellor dito porque cando un ten un ovo kínder nunca sabe si a sorpresa que atopará no interior será a que mola ou aquela que dis..."para esto collín eu o ovo?"

Pero con Cortizo foi agradable.
Cando a ves por primeira vez non sabes como reaccionar, como "entrarlle" nin que reacción vai ter ela, pero ten ese imán como persoa que no fondo, sen saber moi ben como, atráete e fai que te acerques. E una vez que accedes a acercarte...para min foi imposible arredar dela.
 
Así que si me preguntas se podería vivir agora sen ela?
Pois non o sei, a verdade, pero creo que me costaría. Ela xa vive dentro de min.



María
.

domingo, 25 de agosto de 2013

...de ascensos e descensos...

...de altos e baixos...
...de alegrías e tristuras...
pero sempre de apoio incondicional!

Neste caso, en cuestión de deportes.
Unhas veces gáñase e outras pérdese.

Perdeuse porque o branuiazul de Riazor descendeu de novo a 2º división, pero ainda así sempre no corazón e con gran sentimento deportivista. Non deixarei de animar nesta nova tempada!


Pero neste caso as alegrías gañan terreo xa que o Compos comeza a tempada nunha nova categoría e esperemos que siga avanzando coma o campión que merece ser e como di a canción...O tren vai andando pasiño a pasiño e vaime levando cara o meu destiño... Todo traballo ten a súa recompensa!

balconcompos_web

E como todo traballo ten a súa recompensa..."que sí, joder, que vamos ascender"!!!
Este ano sí!!! Tras o Memorial desta fin de semana, na vindeira poderemos ver o primeiro encontró do praíña na súa nova categoría e intentaremos estar alí para velo e animar tras as impresións mostradas!!
 
 
ÁNIMO EQUIPO E A POR TODAS!!!
 
 
María
.

sábado, 24 de agosto de 2013

I TROFEO MEMORIAL JOSE LUIS PERNAS

 
Organizado polo PRAÍÑA SPORTING CLUB
 
Cando?
Hoxe, sábado 24 de Agosto
 
Onde?
No campo de fútbol do Praíña, en Reis
 
A que hora?
19.00h da tarde
 
 
 
Unha bonita e emotiva iniciativa que este clube renovado dispuxo para os afecionados, a familia e a ilustre figura de José Luís Pernas.
 
Un torneo que servirá de homenaxe ao que foi xogador e presidente do Sporting Club Praíña, e máis que recoñecido colaborador da entidade
 
Esta tarde gozaremos dun máis que seguro bonito e emocionante partido entre o recén ascendido equipo local e o S. D. Carcacía.
 
 
 
 
Se podedes, non perdades a oportunidade de pasar una boa tardiña.
A entrada será GRATUÍTA.
 
 
 
 
 
María
.

viernes, 23 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 1]

Día 1 sen Cortizo.

A sensación resultaba extraña, engañosa, irreal...
Como chegando da nada podías chegar a querer ou sentir algo por alguén? E como ese sentimento podía aferrarse a un mesmo tan forte como para non poder soltalo sen máis, cando un quixera. Decir "pois agora xa está, non te quero, non es nada para min".
Por que? Porque non se podía facer iso?

Seguro que algún outro ser, nalgún outro universo paralelo podía desfacerse de maneira tan fácil dos sentimentos cando xa non debían sentirse. Pero existise ou non, eu non era ese ser e non podía facer marabillas.

"Non será para tanto, total antes xa non me coñecías!"

Esas eran as súas palabras para quitarlle importancia ao feito, e ainda que parecese algo sinxelo o certo é que non o era porque antes non existía e agora... Agora toca afrontar a súa ausencia...



María
.

Seguidores