jueves, 29 de diciembre de 2011

O silencio da soidade

Realmente xa non estaba.


Cando volveu entrar e escoitou ese silencio percatouse de que realmente era certo que el xa non estaba.


Pousou as cousas, mudou de roupa e preparou un tazón de leite quente.
Mentras, tan só a acompañaba o silencio. Non era capaz nin de prender o televisor. Tiña sentimentos encontrados. Precisaba da súa compaña, pero sabía que iso non podía ser. O silencio que a rodeaba facía sentir mal, pero ó mesmo tempo era incapaz de escoitar nada máis. Parecía que a soidade enmudecía calquer outro son facendoa sentir ainda máis aislada.


Colleu o tazón quente e envolta nunha manta achegouse á venta. A noite estaba clara, fría, pero despexada. Podía distinguirse cada estrela do firmamento. Ficou alí mirando pra elas. En silencio. Non podía crer que o que pasara fose real. Decidiran rematar coa súa relación. Coller cada un por un camiño diferente.


Despois de todo o vivido xuntos, dos sentimentos e ilusións creadas, dos plans pensados. Despois de todo o que compartían, dos intereses comúns. Despois de todo, chegaran á fin.


Custáballe crer que a persoa coa que pensou que pasaría a súa vida non sería certamente esa persoa e o vacío que sentía por dentro facía desaparecer todo o que estaba fóra dela.


As bágoas contidas durante o día comezaban a escorregar polas súas meixelas.


Realmente xa non estaba.



María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores