miércoles, 14 de diciembre de 2011

O caixón dos recordos

Espertas. O aparente silencio déixache escoitar o golpeteo da choiva na ventá.

Hoxe é un deses días nos que sabes que non sairás dar un paseo.

Un deses días nos que non hai onde ir.

Un deses días tristes nos que non fas nada especial, nos que o único que apetece é sentar no salón cunha boa cunca de café e deixar voar a imaxinación, ou se tes sorte, pasar a tarde nese mesmo salón, na compaña deses seres que te fan sentir especial.

Hoxe é un deses días nos que decidín quedar na calor do fogar e botar man do caixón dos recordos.

Ese é un caixón no que vas metendo "cousas". Cousas importantes, cousas mínimas... Quizáis un anaco de papel cunha frase ou unha palabra que no momento de escribila era realmente importante, aínda que agora non recordes porqué. Quizais esa grande obra que escribiches e ainda non veu a luz. O retal dunha tea, un chaveiro coas súas chaves, un debuxo ... Nese caixón podes chegar a atopar cousas que nin sequera sabías que gardaras, pero que se o fixeches era porque tiñan un valor para ti.

Hoxe é un deses días nos que decidín abrir o caixón no que vou gardando recordos, porque é importante ilos gardando, así o día que non consiga recordalos saberei que están aí. E mirando cada unha das cousas que vou sacando podo revivir cada un deses momentos e sentir que fun feliz, que fun especial e que na miña vida hai "cousas", persoas, e momentos especiais ainda que moitas veces nin se saiba...


María

.

[microrrelato creado por María vázquez rey para o concurso de minicontos de outono do xornal Luns a Venres na súa 1º edición no ano 2010]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores