jueves, 29 de diciembre de 2011

O silencio da soidade

Realmente xa non estaba.


Cando volveu entrar e escoitou ese silencio percatouse de que realmente era certo que el xa non estaba.


Pousou as cousas, mudou de roupa e preparou un tazón de leite quente.
Mentras, tan só a acompañaba o silencio. Non era capaz nin de prender o televisor. Tiña sentimentos encontrados. Precisaba da súa compaña, pero sabía que iso non podía ser. O silencio que a rodeaba facía sentir mal, pero ó mesmo tempo era incapaz de escoitar nada máis. Parecía que a soidade enmudecía calquer outro son facendoa sentir ainda máis aislada.


Colleu o tazón quente e envolta nunha manta achegouse á venta. A noite estaba clara, fría, pero despexada. Podía distinguirse cada estrela do firmamento. Ficou alí mirando pra elas. En silencio. Non podía crer que o que pasara fose real. Decidiran rematar coa súa relación. Coller cada un por un camiño diferente.


Despois de todo o vivido xuntos, dos sentimentos e ilusións creadas, dos plans pensados. Despois de todo o que compartían, dos intereses comúns. Despois de todo, chegaran á fin.


Custáballe crer que a persoa coa que pensou que pasaría a súa vida non sería certamente esa persoa e o vacío que sentía por dentro facía desaparecer todo o que estaba fóra dela.


As bágoas contidas durante o día comezaban a escorregar polas súas meixelas.


Realmente xa non estaba.



María
.

martes, 27 de diciembre de 2011

Cosas sencillas

¿Quieres que te hable de algo sencillo?
¿De algo que para los demás no implica nada, pero para mi es algo gustoso?

Pues escribir con lápiz sobre un único folio encima de una mesa.

¿A qué es algo sencillo?
Pues es un gesto positivo para mí.

¿Quieres saber el por qué?

Con las nuevas tecnologías la gente ya casi no escribe a mano. Al escribir con lápiz hago que lo que escribo siga siendo mío y más personal.
Recuerdo los días de colegio en infantil y primaria cuando hacías caligrafía para aprender a escribir. Querías usar el lápiz, acabar uno significaba que escribías mucho.

Algo tan sencillo como escribir con lápiz me recuerda esos momentos felices de la infancia y que eran toda una experiencia.

Por eso te digo, busca en ti esas cosas sencillas que te hacen recordar momentos felices. Si nuestro cerebro es capaz de filtrar lo negativo en momentos difíciles, hazle frente tú buscando en tus recuerdos esas pequeñas cosas sencillas que hacen crecer en ti sentimientos positivos. Solo así darás pequeños pasos hacia la felicidad.

Personalmente creo que esta es una de las razonas por las que sigo escribiendo a mano cada uno de mis relatos.

María
.

sábado, 24 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS

Boas a todas e todos!!

Vendo en que datas nos atopamos, ainda que os tempos non sexan os mellores, gustaríame desexarvos a tod@s os que me seguides e ledes este pequeno espazo, unhas
FELICES FESTAS!

Estas datas poden ser moi diferentes para cada un de nós. Poden ser boas ou malas, sexa pola crise global ou por calquer outro motivo. Por iso, o máis importante é poder pasalas a gusto, na compaña daqueles que queremos e ós que queremos. Que o mero feito de poder reunirnos de cando en vez sexa o motivo de alegría, saber que nos podemos volver ver, compartir momentos xuntos. Non sempre damos atopado tempo nin nos é posible quedar con quen nos apetece e estas datas soen ser nas que sen saber como damos tomado ese café, ou conseguimos o momento para escribir unhas palabras ó que está lonxe... Son datas nas que nos acordamos dos nosos seres máis queridos, familiares e non familiares, queridos.

Teñades boas ou malas experiencias, non deixedes de crer nestas datas, porque no fondo sí teñen algo máxico que nos envolve a todos e nos fai ser un pouquiño mellores. Canto máis creamos en que as cousas poden ser mellores, mellor serán.

Sede felices!
Apertas para tod@s!!

María
.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O caixón dos recordos

Espertas. O aparente silencio déixache escoitar o golpeteo da choiva na ventá.

Hoxe é un deses días nos que sabes que non sairás dar un paseo.

Un deses días nos que non hai onde ir.

Un deses días tristes nos que non fas nada especial, nos que o único que apetece é sentar no salón cunha boa cunca de café e deixar voar a imaxinación, ou se tes sorte, pasar a tarde nese mesmo salón, na compaña deses seres que te fan sentir especial.

Hoxe é un deses días nos que decidín quedar na calor do fogar e botar man do caixón dos recordos.

Ese é un caixón no que vas metendo "cousas". Cousas importantes, cousas mínimas... Quizáis un anaco de papel cunha frase ou unha palabra que no momento de escribila era realmente importante, aínda que agora non recordes porqué. Quizais esa grande obra que escribiches e ainda non veu a luz. O retal dunha tea, un chaveiro coas súas chaves, un debuxo ... Nese caixón podes chegar a atopar cousas que nin sequera sabías que gardaras, pero que se o fixeches era porque tiñan un valor para ti.

Hoxe é un deses días nos que decidín abrir o caixón no que vou gardando recordos, porque é importante ilos gardando, así o día que non consiga recordalos saberei que están aí. E mirando cada unha das cousas que vou sacando podo revivir cada un deses momentos e sentir que fun feliz, que fun especial e que na miña vida hai "cousas", persoas, e momentos especiais ainda que moitas veces nin se saiba...


María

.

[microrrelato creado por María vázquez rey para o concurso de minicontos de outono do xornal Luns a Venres na súa 1º edición no ano 2010]

sábado, 3 de diciembre de 2011

Intentando non respirar...


...hai veces, que cando sintes esa man imaxinaria que te afoga, debes deixar saír esa presión por algún lado, ainda que sexa en forma de bágoas correndo pola túa meixela. Busca ese recuncho que só é pra ti, onde ninguén te ve, e deixa que saia... logo verás as cousas doutra maneira.


María
.

Seguidores