jueves, 22 de septiembre de 2011

Último día de verán (2011)[Hº sen final VII]

Si por marzo xa se lle notaba a medra aos días agora comezamos o proceso inverso. O venres 23/9 entra o outono! Polo tanto hoxe foi o último día de verán.
Non é a primeira vez nestes últimos anos que durante o mes de setembro veñen días nos que se pode ir á praia.
Hoxe, para despedir oficialmente o verán foi un deses días.Cun bo equipamento e a mellor das compañías, hoxe tocou praia.



-->
- Hoxe remata -dixo Adrián coa voz algo tristeira.
- Pero valeu a pena -contestou Anxo ao seu carón.
Estaban os seis sentados na area, mirando coma hipnotizados o vaivén das olas do mar. Corría unha leve brisa e o sol xa comezaba a esconderse.
Ó día seguinte cada un deles volvería ó seu lugar de orixe, e a época de descanso chegaba á súa fin un ano máis. Sabían que ocorrería, levaba sucedendo así xa había unha década. Dende aquel campamento ó que acudiran con dez anos e no que entablaran tan boa amizade, decidiran seguir xuntándose cada verán para vivir novas aventuras. Ningún deles faltara nunca e no seu décimo aniversario decidiran esgotar ata o último raio de sol daquel verán.
- Valeu. Vémonos o ano que vén, non rapaces? -preguntou Xoel sabendo xa a resposta.
- Eso nin o dubides -respondeu Alberto- Ainda nos quedan moitas festas que facer!
- Pois entón aquí xa acabamos por hoxe, imos tomar unhas cañas? -arrincou a dicir Tomás.
Ningún deles levou a contraria. Colleron os seus bártulos e marcharon entre risas cara "o bar de sempre".
[Historias sen final VII]


E como alguén dixo unha vez, que bonito é chegar con areas nos pés (para aquel que lle guste a praia, claro!!)


Agora xa entramos noutra estación, chegará o día no que cambiemos a hora de novo, e como reza o dito: "ata Santa Lucía medra a noite e mengua o día".

FELIZ OUTONO!


María
.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

De como foi o curso de verán da USC no que intervín como voluntaria de ESF

RECORDANDO...

O pasado 20 de Xullo ESF tivo representación no curso de verán da USC sobre "O compromiso social da xuventude. Participación e aprendizaxe-servizo" a través da intervención da voluntaria María Vázquez da sede de Compostela nunha mesa redonda sobre: "Aprendizaxe-servizo na universidade: innovación e boas prácticas".
A intervención consistía en explicar a función de ESF en relación ao tema da mesa e como se implicaba ao voluntario universitario na asociación. Así mesmo, que sentido tiña na súa formación profesional e persoal.

ESA TARDE...

"Cando cheguei á facultade de CC da Educación estaban no descanso. Antes da miña intervención estivera Agrafojo, o cal xa mencionara a nosa asociación como exemplo, o cal foi unha sorpresa agradable.

Tras falar con Alexandre (o contacto que tivera todo este tempo por parte da organización do curso) comentaronme un pouco como ía ser a intervención e coñecín o resto de poñentes da mesa. Todos caras coñecidas pola cercanía da miña facultade, así que foi todo moi familiar.

A espera foi pouca e deu comezo a mesa redonda.

Os contidos foron moi interesantes. Presentouse un libro, unha guía de materiais e recursos educativos sobre o camiño de Santiago. feita por alumnos e coa axuda do profesorado de CC da educación.

Falouse dun estilo de prácticas participativas que se estaba a levar a cabo en centros profesionais e nos que se implica ao alumno de maneira máis "intensa" (PEINAS).

No tocante ó tema ESFeiro, fixen referencia á forma de integrar aos voluntarios que queren participar con nós. Ao sistema de acollida que se lles da a través do grupo de voluntariado.
Falei de como pode axudar a unha persoa o ser voluntario, como o sistema de traballo que ten ESF mediante grupos, interacción intergrupal, sistema de vertebración, e participación vía mail e outras redes informatizadas pode ser útil na formación dese membro.
No tocante ao que pode aportar a persoa coa súa profesión á asociación, tamén se falou. É evidente que toda axuda é necesaria e máis cando o que trata ESF é de poñer en bo uso as tecnoloxías para que sexan apropiadas, adaptadas ao medio no que se necesitan analizando, en cada caso, o que se necesita.
No relativo á Aprendizaxe-servizo, aportase experiencia e coñecemento e recíbese formación, mediante dinámicas, mediante o traballo en grupo, o cal da un paso no saber traballar que cada quen pode precisar no seu ámbito profesional propio.
No tema servizos, a interacción norte-sur axuda a mellorar comunidades, non só no sur, senón tamén no norte mediante a sensibilización e incidencia usando a Tecnoloxía apropiada ó Desenvolvemento Humano.
Falei do curso de TCpDH.Sobre Tecnoloxía e Sociedade, hai un diálogo cando ESF traballa, faise análise de sociedades cada vez que se pon en marcha un proxecto e durante o mesmo.
Si o proxecto PEINAS das prácticas do alumnado de educación é Servizo adaptado a cada asociación na que o alumno fai prácticas, ESF fai un Servizo adaptado a cada comunidade na que participa.

Podo comcluír decindo que me encantou participar no curso, representar a ESF, que agradezo a amabilidade e trato dos organizadores así como o agasallo da guía.
SER VOLUNTARIA EN ESF, MOLA!


martes, 6 de septiembre de 2011

"La piel que habito"

Unha peli incrible.
Realmente si toca o tema psicolóxico como se decía. Rara vez recomendo pelis de Almodóvar, non sei si me saío do normal ou non, pero...
En cambio esta peli ten algo diferente, creo que os actores o fan xenial, o guion é extraordinario e a música algo esencial.

Hai que ver o mal que senta non ser capaz de adaptarse a un suceso estresante, a un cambio vital, á pérdida humana dun ser querido.

Deixovos o trailer, si a vedes, contádeme que vos pareceu!


http://youtu.be/6fT4UE0aXYY

domingo, 4 de septiembre de 2011

Historias sen final VI

Non daban crédito ao que estaban a ver. En tódolos seus anos á fronte do departamento de homicidios nunca lle pasara algo así.

Cando chegaron á entrada do restaurante pensaban atopar tan só un cadáver, "rutina", o de sempre. Ver, investigar, procesar.
Máis o que atoparon non foi para nada iso.

O cadáver, colocado na entrada do "Ristorante di Marcelo", estaba envolto en vendas.
Sorprendente.
Estaba momificado, ou era unha momia de verdade?

Xunto ao "faraón", como deu en chamalo, un cetro de ouro e un gato con ollos de rubí tal estampa exipcia.

Sen pensalo moito, Xoel deu uns pasos, entrou no restaurante e berrou:

- Algún historiador de arte na sala?!?



María
.

[Ás miñas queridas historiadoras de arte]

sábado, 3 de septiembre de 2011

I XANTAR PARROQUIAL - PARROQUIA DE REIS





ATA LUNS AINDA SE PODE MERCAR O TIQUET!


SERÁ UN BO DÍA DE ENCONTROS, REENCONTROS, XUNTANZA, RISAS, UN DÍA PARA DEIXAR TEMAS E UN DÍA PARA NON ESQUECER.



Seguidores