Xa facía case cinco meses que non se vían cando volveron atoparse e foron tomar algo.
Estaba disposta a escoitalo, e a falar con el de calquera tema. O que comunmente a xente denomina "poñerse ao día".
Chegou con paso firme e mirada fixa. Ela acercouse e saudáronse. Entre eles un sincero e nervioso sorriso, o que o fixo máis bonito ainda.
Falaron, falaron e falaron.
Miradas que se cruzaban, sorrisos que se perdían no ar.
O tempo fíxose breve, pero eran eses pequenos espazos de tempo nos que se vían o que facía da relación algo tan bonito, algo do que se disfrutaba cada segundo coma se non houbese outro. Por iso a xente non entendía o que entre eles podía existir. Eles sabían valorar o tempo, e como ben dicían, "ás persoas hai que ilas descubrindo pouco a pouco..."
Rematou o tempo por esta vez. Despedíronse e cada un colleu nunha dirección.
Cando se volverán ver? Non se sabe.
Os seus pensamentos? Unha gran incógnita.
Nas súas facianas, un bonito sorriso.
María
-----
Un sorriso para cada un dos que leades este relato.
Ás veces non nos damos conta do importante que pode ser un simple xesto. Un sorriso é un xesto, e como versa aquela famosa cita, non custa nada a quen o da e fai moi feliz a quen o recibe.
Estes días recibín sorrisos, pero un en especial; e fíxome sorrir, ainda hoxe o fai.
Non sabemos o tempo que nos pode quedar, por iso vos animo a que vaiades cada día cun sorriso por diante, cunha boa actitude que se verá reflexada no noso igual. Non importa si é un simple sorriso ou un sorriso cómplice con esas persoas que nos fan sentir especiais. Simplemente sorridelle á vida sempre que poidades, porque bágoas tristes chegan soas.
Hoxe os meus sorriso van pra todos vós!!
GRACIAS POR FACERME SORRIR
doce... e que raramente común !
ResponderEliminarhistorias particulares pero que no fondo todos tivemos vivido algunha vez!
un bico, María!
firmado, unha rapaza que xa (por fin) ten comentarios activos jajaja