lunes, 29 de agosto de 2011

Pola amizade

Hoxe, unhas palabras para a amizade. Ese tipo de relación que todos precisamos nas nosas vidas, pero unha desas de verdade.
Unha amizade que indo acorde á idade das persoas se manifesta de distinta maneira, pero que sendo adulto tamén é necesaria, máis alá da parella ou a familia.
Unha amizade que sabes que existe ainda que a distancia sexa moita, que sen estar horas pegados/as sabes que non se traizoa e está sempre que se precise, que cando se ven en persoa se entenden sen palabras.
Unha amizade na que os silencios non son incómodos senón comprensivos, reflexivos.

“Lo mejor que nos puede pasar es… tener un amigo de confianza a quien poder confiar nuestros secretos con libertad y sinceridad; no existe nada más deleitoso y placentero para la mente que encontrar un corazón dispuesto en el que poder verter nuestros secretos y en cuya conciencia confiemos tanto como en la nuestra, cuyo discurso sea capaz de serenar nuestro desamparo, proporcionarnos alivio, expeler nuestro duelo con alborozo, y cuya mera visión nos resulte grata”. (Burton 1621: 108-9).

Hoxe, porque si, porque "por H ou por B", con altos e baixos, pretiño ou na distancia, sabemos mutuamente que estamos.
;)


jueves, 25 de agosto de 2011

Amor y Desamor

Te sigo queriendo.
Observando las últimas gotas
de la lluvia en un frío invierno,
recordé en aquellos instantes
que aún te sigo queriendo.

Inútil y en vano fue
el intentar ocultarlo,
los sentimientos traicionan
y eso no puedo negarlo.

Miré tus ojos de mar
y quise perderme en ellos,
y me vino a la memoria
mi vida que aún te quiero.

Pero la cruel realidad
me llegó con un lamento,
que ya es muy tarde y lo sé
y aún te sigo queriendo.

Sus ojos...

Cada vez que los observo proyectan tanto que mi cuerpo sufre una rara transformación… entre miedo y a la vez deseo de conocer más de ellos.

E imagino su mundo interior que con locura desearía…

Cada parpadeo… es una sonrisa en mi boca.

Gracias por ser tú, por demostrar todo en tan poco
y por dejar que mis sueños vuelen aunque sean…
lejos de ti.

Porque sé que jamás dejarás que pueda conocer más del secreto que guardas en esa mirada...

Adaptación de: Poemas de amor y desamor, Fernando Galdamez


sábado, 20 de agosto de 2011

Un sorriso (historias sen final V)

Xa facía case cinco meses que non se vían cando volveron atoparse e foron tomar algo.

Estaba disposta a escoitalo, e a falar con el de calquera tema. O que comunmente a xente denomina "poñerse ao día".

Chegou con paso firme e mirada fixa. Ela acercouse e saudáronse. Entre eles un sincero e nervioso sorriso, o que o fixo máis bonito ainda.

Falaron, falaron e falaron.

Miradas que se cruzaban, sorrisos que se perdían no ar.

O tempo fíxose breve, pero eran eses pequenos espazos de tempo nos que se vían o que facía da relación algo tan bonito, algo do que se disfrutaba cada segundo coma se non houbese outro. Por iso a xente non entendía o que entre eles podía existir. Eles sabían valorar o tempo, e como ben dicían, "ás persoas hai que ilas descubrindo pouco a pouco..."

Rematou o tempo por esta vez. Despedíronse e cada un colleu nunha dirección.

Cando se volverán ver? Non se sabe.

Os seus pensamentos? Unha gran incógnita.

Nas súas facianas, un bonito sorriso.


María
-----

Un sorriso para cada un dos que leades este relato.

Ás veces non nos damos conta do importante que pode ser un simple xesto. Un sorriso é un xesto, e como versa aquela famosa cita, non custa nada a quen o da e fai moi feliz a quen o recibe.

Estes días recibín sorrisos, pero un en especial; e fíxome sorrir, ainda hoxe o fai.

Non sabemos o tempo que nos pode quedar, por iso vos animo a que vaiades cada día cun sorriso por diante, cunha boa actitude que se verá reflexada no noso igual. Non importa si é un simple sorriso ou un sorriso cómplice con esas persoas que nos fan sentir especiais. Simplemente sorridelle á vida sempre que poidades, porque bágoas tristes chegan soas.

Hoxe os meus sorriso van pra todos vós!!


GRACIAS POR FACERME SORRIR



FOTO de OLAIA VÁZQUEZ REY

sábado, 13 de agosto de 2011

Historias sen final (IV)

Nunca a vira así.

Despois de atender o teléfono quedara indiferente a todo. Parecía que a cousa non ía con ela, pero de pronto, como si se decatase de algo, incorporouse. Ficou sentada no borde da cama. Semellaba en estado de shock, inmóbil, sen fala, mirada perdida...

Sen máis, rompeu a chorar coma nunca antes o fixera. Non atendía a nada do que lle dixeras.
Os choros cortaban a súa respiración e o aire entraba con dificultade nos seus pulmóns.

De seguido chegaron os demáis e ficaron quedos, sorprendidos, xunto á porta.

Agora ría entre as bágoas, xa non sabías como interpretala.
Levantouse e camiñou en círculos polo cuarto.
Cando volveu sentarse, e ante a imposibilidade de que atendese a conversa algunha, decidín, simplemente, sentarme ao seu carón e collerlle a man.

Nunca, dende que a coñezo, a vira así.



María
.

domingo, 7 de agosto de 2011

07/08/1995.-Olaia Vázquez Rey

Non é ningunha lei, é que hoxe tiña que dedicarlle este pequeno espazo, deste gran universo á little das sister Vázquez.
Si anteriormente era Santa Marta, hoxe é o aniversario de Oli!!

Na volta ó cole do curso 95-96 coincidía co meu compañeiro Rubén Quiñoy, en que a nosa gran noticia de vacacións era que tiñamos un membro máis na familia.
Dende un luns, 7 de agosto do 95, non deixas de sorprenderme. E xa van 16 anos!



Secadra son breve, pero o que sinto é moito máis inmenso.
Dende que chegaches a miña vida cambiou moito, e sen ti nela non sería para nada o mesmo. Espero que sigas sendo tan loitadora, Olaia. Non te abrandes ante nada e loita polo que queres, sempre recordando dúas cousas: con sentido e escoita.

Hoxe, simplemente, PARABÉNS!!





María
.

Seguidores