jueves, 21 de julio de 2011

Historias sen final (III)

Tras un longo paseo remataron xuntos no mirador.
Ante eles un fermoso solpor e as vistas da cidade que os unira.
- Que bonito!-dixo ela.
- Si, un bo remate.
- Remate?!-preguntou ela sorprendida ó mesmo tempo que se xirou cara el quedando apoiada de costas á varanda.
- Penso que si.
- Pois eu non quixera que este fose o remate. Por que queres que o sexa?
- Non é que o queira, pero teño medo que de seguir, se estropee o que temos, do que estamos disfrutando. Destes agradables momentos.
- Pois eu estou convencida de que non se vai estropear nada.-dixo ela seriamente.
- Que pasa se non funciona? Como seguimos o día a día?

Ela soltou a varanda e camiñando cara el respondeu:
- Non teñas medo diso e fai o favor de bicarme.




María
.

4 comentarios:

  1. gústame maría, forma parte dunha futura publicación?

    ResponderEliminar
  2. Pois quen sabe!

    Agora comecei outra historia, en galego, ambientada en Teo e diferente ao que fixen anteriormente.

    Estes pequenos relatos saen de maneira independiente, producto da imaxinación cando collo papel e lápis ou cando algunha idea ou sentimento vén a min, pero nunca cerrando as portas a que formen parte de algo máis grande!

    ResponderEliminar
  3. E ben bonitos que son estes pequenos relatos XD.
    Parabens!



    http://www.goear.com/listen/eff5527/thats-all-ben-webster

    ResponderEliminar
  4. Gracias!!!

    Tamén polos enlaces que deixas!!

    ResponderEliminar

Seguidores