Hai tempo que tiña que ter feita esta entrada, porque realmente sinto dentro de min moitas cousas e sentimentos que comunicar a este ser que leva ó meu carón case 21 anos, e 21 anos son moitos!! Ainda que non chegues nin ás vodas de prata, xa pasas de 2 décadas!
Grandes Ollos verdes naceu un 16 de outubro, na década dos 90.
Eu, con apenas 4 anos, non tiña nin a máis mínima idea do que iso podería supoñer na miña vida. A partir dese momento deixas de ser "única" para dicir "miña irmá..."
Cos escasos recordos desa etapa vital, só teño claro que sempre acollín a túa chegada con entusiasmo e felicidade, que se abreu un mundo ante min ao poder compartir contigo tantas cousas. Que tantas cousas, TODO!!
A día de hoxe sigo tendo ao meu lado unha rapaza sen a cal a miña vida non sería o mesmo. Es esa cadea que te ata á realidade e que tantas veces é necesaria para non perderse.
Grandes Ollos Verdes sempre foi distinguida por ese rasgo que lle "da nome". Sempre se recorda polos seus ollos, grandes, verdes, hipnotizadores, segundo a canción traidores, pero eu non o creo así.
Grandes Ollos Verdes xera envidias alí por onde pasa, pero ela pasa por elas como auga de rosas.
Cabréasme. Si, cabréasme, que lle imos facer, sobre todo nesas disputas de besugos, sen sentido ningún porque se sabe que eu teño a razón. Cabréasme.
Pero logo hai outra parte de ti. Esa de realidade que se precisa. Esa parte auténtica que tes, única e orixinal. Esa parte simpática, ese "espera, que me parto/mondo" "chorba", "espera, a ver, no". Es clara e directa e iso pouca xente se atreve a selo. Tes ideas propias e aparentas segura do que pensas. Iso é ter personalidade e hoxe en día escasea. Non te deixas levar por modas ou o que dirán, ainda que sexas presumida e che guste quedar ben en cada lugar. Atopar un equilibrio así é realmente complicado, e alábote por iso.
Admiro de ti o bo gusto. Porque si, tes bo gusto, en moitos aspectos da vida!
Ainda que non o pareza es "interesante". Interesante como persoa, interesada polos demáis. Interesada no saber.
Secadra é demasiado pausada, tranquila, pero iso é relativo. Dise que as procesións van por dentro, e no teu caso, eu sei que van por dentro. E sei que esas son as que máis duran, as que máis doen, as que máis tardan en esquecerse. Das que máis coidado hai que ter.
Bueno, i tamén tes un punto desquiciante co "i", pero ímolo deixar para unha tese lingüísta...
Nunca olvidarei de ti aquel día no que reuniches o valor de pedir axuda, e do orgullo que para min supuxo que pensaras en min, pois sempre que o precises estarei. E ainda que todos digan que aparentas fortaleza e semellas fría, eu sei que os grandes piares tamén caen algunha vez e que o teu corazón e tan grande como a grandeza dos teus ollos. Que o darás todo por quen o dou por ti. Que loitarás pola familia (léase con voz de "el padrino") coma ninguén.
Eu sei que a miña vida sen ti, sería triste. Non atopo as palabras coas que decirche que te quero tanto como a miña vida, que realmente é moi importante para min a túa presenza, non só física, senón na miña vida ainda que cada un precise o seu espazo persoal.
Grandes Ollos Verdes só ten un problema, as preocupacións. Esas ten que deixalas marchar, voar co vento, atopar o seu recunchiño e disfrutar del.
Grandes Ollos Verdes será grande, só ten que deixarse ver, para min, xa é do máis grande!
29 de Xullo, Santa Marta
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario