viernes, 29 de julio de 2011

Grandes ollos verdes

Hai tempo que tiña que ter feita esta entrada, porque realmente sinto dentro de min moitas cousas e sentimentos que comunicar a este ser que leva ó meu carón case 21 anos, e 21 anos son moitos!! Ainda que non chegues nin ás vodas de prata, xa pasas de 2 décadas!

Grandes Ollos verdes naceu un 16 de outubro, na década dos 90.

Eu, con apenas 4 anos, non tiña nin a máis mínima idea do que iso podería supoñer na miña vida. A partir dese momento deixas de ser "única" para dicir "miña irmá..."

Cos escasos recordos desa etapa vital, só teño claro que sempre acollín a túa chegada con entusiasmo e felicidade, que se abreu un mundo ante min ao poder compartir contigo tantas cousas. Que tantas cousas, TODO!!

A día de hoxe sigo tendo ao meu lado unha rapaza sen a cal a miña vida non sería o mesmo. Es esa cadea que te ata á realidade e que tantas veces é necesaria para non perderse.

Grandes Ollos Verdes sempre foi distinguida por ese rasgo que lle "da nome". Sempre se recorda polos seus ollos, grandes, verdes, hipnotizadores, segundo a canción traidores, pero eu non o creo así.

Grandes Ollos Verdes xera envidias alí por onde pasa, pero ela pasa por elas como auga de rosas.

Cabréasme. Si, cabréasme, que lle imos facer, sobre todo nesas disputas de besugos, sen sentido ningún porque se sabe que eu teño a razón. Cabréasme.

Pero logo hai outra parte de ti. Esa de realidade que se precisa. Esa parte auténtica que tes, única e orixinal. Esa parte simpática, ese "espera, que me parto/mondo" "chorba", "espera, a ver, no". Es clara e directa e iso pouca xente se atreve a selo. Tes ideas propias e aparentas segura do que pensas. Iso é ter personalidade e hoxe en día escasea. Non te deixas levar por modas ou o que dirán, ainda que sexas presumida e che guste quedar ben en cada lugar. Atopar un equilibrio así é realmente complicado, e alábote por iso.

Admiro de ti o bo gusto. Porque si, tes bo gusto, en moitos aspectos da vida!

Ainda que non o pareza es "interesante". Interesante como persoa, interesada polos demáis. Interesada no saber.

Secadra é demasiado pausada, tranquila, pero iso é relativo. Dise que as procesións van por dentro, e no teu caso, eu sei que van por dentro. E sei que esas son as que máis duran, as que máis doen, as que máis tardan en esquecerse. Das que máis coidado hai que ter.

Bueno, i tamén tes un punto desquiciante co "i", pero ímolo deixar para unha tese lingüísta...

Nunca olvidarei de ti aquel día no que reuniches o valor de pedir axuda, e do orgullo que para min supuxo que pensaras en min, pois sempre que o precises estarei. E ainda que todos digan que aparentas fortaleza e semellas fría, eu sei que os grandes piares tamén caen algunha vez e que o teu corazón e tan grande como a grandeza dos teus ollos. Que o darás todo por quen o dou por ti. Que loitarás pola familia (léase con voz de "el padrino") coma ninguén.

Eu sei que a miña vida sen ti, sería triste. Non atopo as palabras coas que decirche que te quero tanto como a miña vida, que realmente é moi importante para min a túa presenza, non só física, senón na miña vida ainda que cada un precise o seu espazo persoal.

Grandes Ollos Verdes só ten un problema, as preocupacións. Esas ten que deixalas marchar, voar co vento, atopar o seu recunchiño e disfrutar del.

Grandes Ollos Verdes será grande, só ten que deixarse ver, para min, xa é do máis grande!



FOTO de OLAIA VÁZQUEZ REY


29 de Xullo, Santa Marta


María
.

jueves, 21 de julio de 2011

Historias sen final (III)

Tras un longo paseo remataron xuntos no mirador.
Ante eles un fermoso solpor e as vistas da cidade que os unira.
- Que bonito!-dixo ela.
- Si, un bo remate.
- Remate?!-preguntou ela sorprendida ó mesmo tempo que se xirou cara el quedando apoiada de costas á varanda.
- Penso que si.
- Pois eu non quixera que este fose o remate. Por que queres que o sexa?
- Non é que o queira, pero teño medo que de seguir, se estropee o que temos, do que estamos disfrutando. Destes agradables momentos.
- Pois eu estou convencida de que non se vai estropear nada.-dixo ela seriamente.
- Que pasa se non funciona? Como seguimos o día a día?

Ela soltou a varanda e camiñando cara el respondeu:
- Non teñas medo diso e fai o favor de bicarme.




María
.

martes, 19 de julio de 2011

CURSO DE VERÁN DA USC: participación nunha mesa redonda!!

Ultimamente tocan eventos...

Este mércores día 20, na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida de Santiago, lévarase a cabo un dos cursos de verán que oferta a USC. Nel terá representación ESF mediante a participación da voluntaria María Vázquez (coordinadora do grupo SensiCom Compos)nunha mesa redonda.

CURSO DE VERÁN DA USC

"O compromiso social da xuventude. Participación e aprendizaxe-servizo"



MESA REDONDA:

"Aprendizaxe-servizo na universidade: innovación e boas prácticas"



Intervención nunha mesa redonda sobre as experiencias da participación do voluntariado, sobretodo no eido universitario.

"A miña intervención consistirá en explicar a función de ESF en relación ao tema da mesa, como implicamos aos voluntarios (sobretodo universitarios) e que sentido ten iso na súa formación profesional e persoal".



Nova posta no xornal web da USC:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_07/noticia_0075.html

Pode ser unha formación interesante, polo que todos aqueles que esteades por Santiago ou poidades achegarvos ata a Facultade de CC da Educación (ao lado de Psicoloxía, un pouco máis arriba da ETSE) non dubidedes en facelo. Dita intervención terá lugar ás 18.00h na aula Sarmiento.

sábado, 16 de julio de 2011

Belfast 2011 (Belfast 2007)

Volven surxir os conflictos entre católicos e protestantes...

Pequena entrada na pestana de "De un lado para outro"

http://mariavazquezrey.blogspot.com/p/de-un-lado-para-outro.html

viernes, 15 de julio de 2011

MÁIS FESTA EN REIS!!

FESTA NA HONRA Á VIRXE DO CARME
DOMINGO 17

Misa cantada polo coro PARROQUIAL SAN CRISTOVO DE REIS ás 13.00h

sesión vermouth a cargo da ORQUESTA TROLE

e pola noite... orquestras:

TROLE E... ACHÉ!!!!!

Xa vos dixemos que estabamos mirando algunha actuación máis!!
A ORQUESTRA ACHÉ ESTÁ EN REIS!!!

Vinde, nunca se sabe das sorpresas que pode dar unha noite así!!

esperámosvos!!

Comisión de festas 2011




viernes, 8 de julio de 2011

FESTAS SAN CRISTOVO DE REIS XULLO 2011

Boas a tod@s!!

Esta entrada é para patrocinar as festas da miña terra!
Chegou o mes de Xullo e con el as festas, tamén á parroquia de Reis, no concello de Teo. Ó ladiño de Santiago!

O cartel é o seguinte:

9 de xullo Festa na honrra ó SANTÍSIMO SACRAMENTO
Misa solemne ás 13.00h e sesión vermouth a cargo da orquestra GARIBALDI.
Verbena a cargo de...
Orquestra PHILADELPHIA e GARIBALDI

10 de xullo na honra a SAN CRISTOVO.
Misa rezada ás 9.00h e solemne ás 13.00h misada no campo da festa para a posterior bendición de coches. Cantada polo CORO PARROQUIAL DE SAN CRISTOBAL DE REIS.
Concerto no campo da festa da BANDA CULTURAL DE TEO 14.00h. FANIA BLANCO SHOW

17 de xullo na honra á VIRXE DO CARME.
Misa solemne ás 13.00h
Entre as 18.00 e as 21.00h haberá xogos para os nenos.
Sesión vermouth e gran verbena a cargo da ORQUESTRA TROLE
(posibilidade de que haxa outra actuación a maiores)


NON AS PERDADES, nunca se saben as sorpresas que se poden dar!

ESPERÁMOSVOS!

Eu estarei seguro!

martes, 5 de julio de 2011

Historias sen final (II)

Chegaba a hora da despedida.
Os dous estaban xa na estación. De fondo a xente pasaba de un lado a outro e o son da maquinaria resoaba no ar.

Alí, no medio e medio, eles os dous, un frente ó outro. Sen dicirse nada. Mirándose aos ollos.

Ela tiña que marchar.
Sen deixar de miralo alzou as mans e acariciou as súas meixelas. Acercándose a el acabou dándolle unha forte aperta e susurrou no seu oído:
"Só unha aperta, pra sentirte todo, porque si fago o que estou desexando sei que mañá tamén o había querer."

Soltouno e entrou no vagón...




María
.

Seguidores