miércoles, 9 de febrero de 2011

De como vai a aventura: Coruña

"Ben, moi ben"

Posiblemente esas sexan as palabras máis claras e directas que se poden empregar para definir o que levo de estancia en terras coruñesas.

A experiencia está resultando do máis interesante e motivadora. Profesionalmente falando, estou cumprindo o obxetivo: a toma de contacto co mundo profesional. Estanse abrindo ante min diversas posibilidades de cara ao futuro e estou coñecendo, de boa man, como manexar ou dirixir situacións que poden darse dentro da profesión.

Académicamente estou aprendendo e reafirmando coñecementos ademáis de autoevaluarme de todo o adquirido na facultade, e das miñas habilidades. Levántome cada día contenta de estar facendo o que fago, e orgullosa de que facendoo axudo a outras persoas.

Personalmente a experiencia é, si cabe, ainda máis motivadora.
A impresión do primeiro día deixoume un pouco "flasheada", pero día tras día o sorriso implantouse na miña cara e tiven claro que estaba no lugar axeitado.
O ter que levantarse cedo, as viaxes en tren os días correspondentes, o durmir nunha cama que non é a túa, ou as camiñatas, non irrumpen a alegría e a forza coa que cada mañá chego ao centro.

Cada unha das persoas que traballa na Unidade é un profesional dos pés á cabeza. Puxéronme as cousas moi fáciles e a acollida foi estupenda. As risas e a experiencia que me fan vivir é desas "cousas" que che pasan na vida, que te fan medrar e non queres borrar xamáis.

Agora estou no ecuador e xa sei que os botarei de menos cando remate a aventura...


[ós novos artistas de teatro que me fan a experiencia moi agradable]

María
.

4 comentarios:

  1. =) Qué guay que estés tan contenta!!!! Y tú que no te querías ir...

    ResponderEliminar
  2. alégrome que esteas aprendendo tanto!!! sacando o máximo partido!!! esa é a miña Meri!!! jeje

    ResponderEliminar
  3. non é que non quixera, era que sendo de santiago e pedindo en santiago...que me deran na coruña era como...xq?pero collino con ilusión dende o principio e non me arrepinto!

    ResponderEliminar

Seguidores