viernes, 25 de febrero de 2011

Brillantes estrelas

Disfruto mirando o ceo estrelado cada noite que podo. Fixarse nas constelacións, nos debuxos que forman. Na intensidade que teñen cada unha dos millóns de estrelas que están sobre nós.
Cantas veces teño escoitado que cada unha delas representa a alguén especial, que o brillo é a súa luz que nos ilumina dende que xa non están.
Eu penso que as estrelas e a súa luz xa están entre nós, en cada unha das persoas que día a día iluminan a nosa vida e nos aportan felicidade.
Ese punto brillante no universo tan só é para que os recordemos, pois só na escuridade e silencio da noite as podemos observar, cando reflexionamos e falamos con nós mesmos.


María
.


[Agora é época de Carnaval, sós ou acompañados, recordando ós que non están e alegrándonos cos que quedan, o importante é saber disfrutar desta época o mellor que poidamos para continuar a nosa vida mentras dure. Feliz Carnaval]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores