Disfruto mirando o ceo estrelado cada noite que podo. Fixarse nas constelacións, nos debuxos que forman. Na intensidade que teñen cada unha dos millóns de estrelas que están sobre nós.
Cantas veces teño escoitado que cada unha delas representa a alguén especial, que o brillo é a súa luz que nos ilumina dende que xa non están.
Eu penso que as estrelas e a súa luz xa están entre nós, en cada unha das persoas que día a día iluminan a nosa vida e nos aportan felicidade.
Ese punto brillante no universo tan só é para que os recordemos, pois só na escuridade e silencio da noite as podemos observar, cando reflexionamos e falamos con nós mesmos.
María
.
[Agora é época de Carnaval, sós ou acompañados, recordando ós que non están e alegrándonos cos que quedan, o importante é saber disfrutar desta época o mellor que poidamos para continuar a nosa vida mentras dure. Feliz Carnaval]
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
viernes, 25 de febrero de 2011
sábado, 12 de febrero de 2011
12 de Febreiro de 1986
Naceu do amor, fai hoxe 25 anos.
Apareceu na miña vida haberá aproximadamente, 13 anos. E de maneira "intensa" hai cerca de 9. Dende entón é difícil non pensar en compartir cousas ó seu lado.
Inmensas son as alegrías vividas cerca súa e igual de innumerables as risas, a mirada cómplice.
Saber que nos podemos entender, comprender, escoitar e discutir, pero sempre e ante todo apoiarnos e seguir adiante.
Estou orgullosa de vivir esa AMIZADE.
O meu desexo neste día é dicir FELICIDADES, e que durante moitos anos máis, poidamos seguir compartindo este e moitos outros días, esperando que de todos eles poidas extraer unhas pinguiñas do gran frasco da felicidade.
María
.
[Hay veces en las que necesito confiar a alguien mis temores, ocasiones en que anhelo compartir un secreto y otras en que me hace falta que una persona se alegre conmigo de algún logro. Y esas son las veces en que solo mi amiga puede desempeñar tal papel.
Pam Brown]

viernes, 11 de febrero de 2011
Sen máis, un adeus
Nunca sabes cando vai ser o momento. Non sabes cando vai chegar e nunca estás preparado para el. Pero antes ou despois chega e non nos queda outra que afrontalo e seguir adiante.
A partir de agora serás unha ausencia máis dentro de min, pero un recordo que nunca deixarei escapar, seguirás vivo en min.
Pensarei, xa que te vas, nas veces que te tiven e mentras esteas na memoria botareite de menos chegando o momento no que non terei bágoas de tristura senón de felicidade por todo o que de ti collín, vivín e aprendín.
Hoxe é sen máis, un adeus. A partir de mañá, un recordo vivo e para sempre.

miércoles, 9 de febrero de 2011
De como vai a aventura: Coruña
"Ben, moi ben"
Posiblemente esas sexan as palabras máis claras e directas que se poden empregar para definir o que levo de estancia en terras coruñesas.
A experiencia está resultando do máis interesante e motivadora. Profesionalmente falando, estou cumprindo o obxetivo: a toma de contacto co mundo profesional. Estanse abrindo ante min diversas posibilidades de cara ao futuro e estou coñecendo, de boa man, como manexar ou dirixir situacións que poden darse dentro da profesión.
Académicamente estou aprendendo e reafirmando coñecementos ademáis de autoevaluarme de todo o adquirido na facultade, e das miñas habilidades. Levántome cada día contenta de estar facendo o que fago, e orgullosa de que facendoo axudo a outras persoas.
Personalmente a experiencia é, si cabe, ainda máis motivadora.
A impresión do primeiro día deixoume un pouco "flasheada", pero día tras día o sorriso implantouse na miña cara e tiven claro que estaba no lugar axeitado.
O ter que levantarse cedo, as viaxes en tren os días correspondentes, o durmir nunha cama que non é a túa, ou as camiñatas, non irrumpen a alegría e a forza coa que cada mañá chego ao centro.
Cada unha das persoas que traballa na Unidade é un profesional dos pés á cabeza. Puxéronme as cousas moi fáciles e a acollida foi estupenda. As risas e a experiencia que me fan vivir é desas "cousas" que che pasan na vida, que te fan medrar e non queres borrar xamáis.
Agora estou no ecuador e xa sei que os botarei de menos cando remate a aventura...
[ós novos artistas de teatro que me fan a experiencia moi agradable]

Suscribirse a:
Entradas (Atom)