Cantas veces tedes viaxado en tren?
Non vos parece un bo medio de transporte? Coñezo xente que di que no, que só o empregaría en último recurso. Eu no. A min paréceme estupendo! Gústame cada vez que o uso! Faría longas viaxes nel sen problema algún.
Cada vez que monto e estou no meu asiento, apóiome completamente nel e póñome a escoitar o ambiente que se move. Hai tantas conversas á vez!
Tanta xente diferente que irá, con motivos diferentes, ás distintas cidades polas que pasamos. Cada un ao seu! Tantas vidas e historias reunidas nun mesmo espazo reducido!
E logo está o propio sonido da maquinaria, se o penso ben, ata pode ser relaxante! E ir vendo a paisaxe cando toca ventá... outra razón máis. Despertanse os sentidos e a imaxinación comeza a facerse oco creando historias entre os diversos elementos.
Espero seguir disfrutando así del agora que o terei que usar case diariamente!
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario