Comeza o período de prácticas.
Destino: asociación de ex-alcohólicos da Coruña. Un centro de terapia e rehabilitación para persoas con trastornos aditivos.
O día deu comezo tras unha longa noite de "despertares" e soños do máis extraño. Eran as 7h.
Sen almorzar nada pechei a porta da casa no lado compostelano arredor das 7.30h.
Camiño da estación mil cousas pasaron pola miña cabeza, tantas que nin sequera encendín a radio.
Tras a chegada á estación da cidade herculina, unha camiñata de 15' ata o centro de prácticas. O tempo fíxose aliado e as tormentas nocturnas que caían en Compostela cesaron sen verse en todo o día. Na cidade da Coruña saía o sol...
A primeira impresión foi boa. A mañá rara, pero nada negativa. Creo que a palabra é "diferente".Nada do que vira ata agora. Tras 3 meses en RR.HH. agora vestirei bata branca.
A media mañá algo para aguantar dende as 8 ata as 3 sen caer por falta de folgos: un "tentempié". Seica probei a mellor tortilla da Coruña. A verdade é que estaba boa!
Agora un rapaz con certo atractivo intercambia miradas, a paisaxe móvese de prisa a través da ventá, e soa Fito: "dónde todo empieza"...
Rematou o día.
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Temos unha blogera en 13 e nós sin sabelo....xa te informarei ! aburrr Son María ...jjj
ResponderEliminarCómo van / foron esas prácticas, María? Seguro que vento en popa... vendo a túa capacidade de traballo, sensibilidade e profesionalidade auguraseche un bo futuro.
ResponderEliminarR.R.
Moi ben!! Xa remataron (teño que escribir unha entrada co final da historia)
ResponderEliminarCarai! Con comentarios así síntome dobremente alagada! Por leerme no blog e polas alabanzas profesionais!
a ver si nos vemos un día e tomamos un café!
Graciñas!
Cando queiras! Non tes máis que poñer data e hora...Chegaronte os mails que te enviei?
ResponderEliminar