O pasado 8/01/11 tivo lugar unha estrea teatral.
Varios rapaces de Reis que se fan chamar "os Trotamusicos de Reis" e ós cales teño o grande gusto de dirixir, representaron dúas obras de teatro en clave de humor. Ámbalas dúas adaptadas do libro "Servicio de urxencias" de Suso de Toro.
Ditas obras foron: "Vaia Belén" e " O corazón do anxo".
Estes rapaces non é a primeira vez que representan unha obra teatral, e entre eles, todos afeccionados, hai grandes actores e actrices que estou segura que triunfarían profesionalmente sen ter nada que envexar a calquera dos grandes que hoxe en día nos deleitan na grande e pequena pantalla.
Este ano a miña situación personal nas datas previstas para a representación era complicada, e sendo esto teatro para afeccionados e non a nosa profesión, estivo en dúbida o poder facerse, pero unha vez máis confirmei unha frase que sempre digo: " dos nenos sempre se pode aprender, só hai que escoitalos".
Sempre me considerei unha persoa que tira para adiante, que o intenta todo, máis desta vez non tiña claro iniciar ningún tipo de ensaios. Pero cando son "eles" os que veñen a ti, escoitas as propostas, os ves motivados, con ganas e ilusión, tendo 15 e 16 anos e sacrificando o seu tempo para algo voluntario e que fará disfrutar e divertir a outras persoas... Só comprendes que o que estabas a facer, non o facías tan mal. Que eles mesmos demostran ser grandes persoas ainda que ás veces lles dea "vergoña" recoñecelo e se queiran facer os "duros".
Só entón pasan varias cousas pola túa cabeza: que non os vas deixar na estacada e sí se estreará obra, e que no fondo a xuventude de hoxe en día ainda non está perdida de todo!
Tania, José L., Noelia N., Rafa, Martín, Adrián, Noelia C., Naty, Olaia, José P., Rubén.A todos e cada un deles teño que recoñecerlle o seu esforzo, porque ainda que parecese que eu non o sabía, si sei que se esforzaron, que sacrificaron o seu tempo (e máis en vacacións de Nadal), que deixaron de lado, por un instante as novas tecnoloxías para sentir o calor dunha relación de amizade, que venceron ó frío e ó sono. Que se movilizaron para conseguir material de atrezo e a difusión do evento. Que lograron representar con éxito, dúas obras teatrais ensaiadas nun tempo récord.
Para vós e o voso recoñecemento, esta entrada.
Porque sabedes que ainda que cada un teña a súa vida, si queredes, sempre poderedes xuntarvos e pasar bos momentos ademáis de facerllos pasar tamén a aqueles que vos veñen ver.
Ainda que non vo-lo dixen en persoa, sempre poderedes contar comigo, dentro e fóra do escenario.
A felicidade está nas pequenas alegrías do día a día, e vós conseguistes arrincarme un sorriso en momentos difíciles!
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Maria :')
ResponderEliminarNon teño palabras... slo daar as gracias a ti e a tdos por esos dias e comprendr algunhas cousas.. gracias :)
E saber qe tamén podes contr con todos nos, ou polo menos pola miña parte !
:')))
que sentimental te puxeches mona!
ResponderEliminarsi é que....a veces fan que un se enfade e que non teña ganas de nada.....pero no fondo.....xente de aqui e dacola que xa o decia cunqueiro....
e que se non fora por min.. iba todo a pique:)
ResponderEliminaroli
si, olaia, si....jajajajajaaja
ResponderEliminar