É difícil cando perdes a confianza volver recuperala.
Sintes cómo un nexo de unión con esa persoa se rompe. Volver unir as puntas dese lazo é tarefa do máis grande mago.
Moitas veces tardas tempo, moito tempo en facer que se unan e o peor é si non encaixan ben de todo.
Igual pasa cando tiras e tiras de cousas, de persoas, da vida e chega un punto que de tan tirante que está, e do canso que estás ti por non ter un relevo que te apoie, que te anime a seguir, que comparta alegría nos logros e sexa un hombro nos fracasos...que finalmente tamén rompes.
Ese roto é tan difícil de coser como a unión do lazo da confianza, cando non o é máis. Terías que lidiar contigo mesmo...
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
domingo, 30 de enero de 2011
sábado, 29 de enero de 2011
Conversas acerca de nada
- Sabes? Sempre quixen ter algo así.
- Algo... Como?
- Como o que nós temos. Poder estar aquí, tranquilamente, falando de todo e de nada, tomando un café e mirando o horizonte. Entendéndonos. Non sei, "algo así".
- Si, é bonito.
- É amizade.
[A todos aqueles cos que tiven o pracer de compartir unha destas]

domingo, 23 de enero de 2011
Sentir e deixarse levar...
Mirar pola ventá e ver no horizonte a doce posta de sol.
Pechar os ollos e deixarse levar polo lixeiro "vai-vén" que murmuran o mar e o vento.
Sentir as "sereas" soar.
Mirar pola ventá e ver un novo futuro, creer nun novo futuro.
Sentir o "canto" das gaivotas que che recordan onde estás.
Pechar os ollos e deixarse levar...

jueves, 20 de enero de 2011
Viaxar en tren
Cantas veces tedes viaxado en tren?
Non vos parece un bo medio de transporte? Coñezo xente que di que no, que só o empregaría en último recurso. Eu no. A min paréceme estupendo! Gústame cada vez que o uso! Faría longas viaxes nel sen problema algún.
Cada vez que monto e estou no meu asiento, apóiome completamente nel e póñome a escoitar o ambiente que se move. Hai tantas conversas á vez!
Tanta xente diferente que irá, con motivos diferentes, ás distintas cidades polas que pasamos. Cada un ao seu! Tantas vidas e historias reunidas nun mesmo espazo reducido!
E logo está o propio sonido da maquinaria, se o penso ben, ata pode ser relaxante! E ir vendo a paisaxe cando toca ventá... outra razón máis. Despertanse os sentidos e a imaxinación comeza a facerse oco creando historias entre os diversos elementos.
Espero seguir disfrutando así del agora que o terei que usar case diariamente!

lunes, 17 de enero de 2011
Comeza unha nova aventura: Coruña.
Comeza o período de prácticas.
Destino: asociación de ex-alcohólicos da Coruña. Un centro de terapia e rehabilitación para persoas con trastornos aditivos.
O día deu comezo tras unha longa noite de "despertares" e soños do máis extraño. Eran as 7h.
Sen almorzar nada pechei a porta da casa no lado compostelano arredor das 7.30h.
Camiño da estación mil cousas pasaron pola miña cabeza, tantas que nin sequera encendín a radio.
Tras a chegada á estación da cidade herculina, unha camiñata de 15' ata o centro de prácticas. O tempo fíxose aliado e as tormentas nocturnas que caían en Compostela cesaron sen verse en todo o día. Na cidade da Coruña saía o sol...
A primeira impresión foi boa. A mañá rara, pero nada negativa. Creo que a palabra é "diferente".Nada do que vira ata agora. Tras 3 meses en RR.HH. agora vestirei bata branca.
A media mañá algo para aguantar dende as 8 ata as 3 sen caer por falta de folgos: un "tentempié". Seica probei a mellor tortilla da Coruña. A verdade é que estaba boa!
Agora un rapaz con certo atractivo intercambia miradas, a paisaxe móvese de prisa a través da ventá, e soa Fito: "dónde todo empieza"...
Rematou o día.

domingo, 16 de enero de 2011
Ausencias
Esquecerme momentáneamente da vosa ausencia, e decatarme, de repente, de que xa non estades.
Nunca mirar a data me fixo entristecer tanto...
Porque hai ausencias que che dan igual. Ausencias que esqueces pronto.
Estas sentiranse toda a vida...
María
.
[A Leonardo e Imelda]

sábado, 15 de enero de 2011
De teatro vai a cousa...
O pasado 8/01/11 tivo lugar unha estrea teatral.
Varios rapaces de Reis que se fan chamar "os Trotamusicos de Reis" e ós cales teño o grande gusto de dirixir, representaron dúas obras de teatro en clave de humor. Ámbalas dúas adaptadas do libro "Servicio de urxencias" de Suso de Toro.
Ditas obras foron: "Vaia Belén" e " O corazón do anxo".
Estes rapaces non é a primeira vez que representan unha obra teatral, e entre eles, todos afeccionados, hai grandes actores e actrices que estou segura que triunfarían profesionalmente sen ter nada que envexar a calquera dos grandes que hoxe en día nos deleitan na grande e pequena pantalla.
Este ano a miña situación personal nas datas previstas para a representación era complicada, e sendo esto teatro para afeccionados e non a nosa profesión, estivo en dúbida o poder facerse, pero unha vez máis confirmei unha frase que sempre digo: " dos nenos sempre se pode aprender, só hai que escoitalos".
Sempre me considerei unha persoa que tira para adiante, que o intenta todo, máis desta vez non tiña claro iniciar ningún tipo de ensaios. Pero cando son "eles" os que veñen a ti, escoitas as propostas, os ves motivados, con ganas e ilusión, tendo 15 e 16 anos e sacrificando o seu tempo para algo voluntario e que fará disfrutar e divertir a outras persoas... Só comprendes que o que estabas a facer, non o facías tan mal. Que eles mesmos demostran ser grandes persoas ainda que ás veces lles dea "vergoña" recoñecelo e se queiran facer os "duros".
Só entón pasan varias cousas pola túa cabeza: que non os vas deixar na estacada e sí se estreará obra, e que no fondo a xuventude de hoxe en día ainda non está perdida de todo!
Tania, José L., Noelia N., Rafa, Martín, Adrián, Noelia C., Naty, Olaia, José P., Rubén.A todos e cada un deles teño que recoñecerlle o seu esforzo, porque ainda que parecese que eu non o sabía, si sei que se esforzaron, que sacrificaron o seu tempo (e máis en vacacións de Nadal), que deixaron de lado, por un instante as novas tecnoloxías para sentir o calor dunha relación de amizade, que venceron ó frío e ó sono. Que se movilizaron para conseguir material de atrezo e a difusión do evento. Que lograron representar con éxito, dúas obras teatrais ensaiadas nun tempo récord.
Para vós e o voso recoñecemento, esta entrada.
Porque sabedes que ainda que cada un teña a súa vida, si queredes, sempre poderedes xuntarvos e pasar bos momentos ademáis de facerllos pasar tamén a aqueles que vos veñen ver.
Ainda que non vo-lo dixen en persoa, sempre poderedes contar comigo, dentro e fóra do escenario.
A felicidade está nas pequenas alegrías do día a día, e vós conseguistes arrincarme un sorriso en momentos difíciles!

domingo, 9 de enero de 2011
Verbas
Ás veces, con pequenas verbas, podes expresar o sentimento máis grande do mundo. Non fai falla un texto inmenso para explicar grandes cousas. É sabido que moitas veces vale máis o sinxelo -que non simple- que calquera cousa sofisticada. Xa vedes, o amor é algo grande e querer a alguén un sentimento inmenso, máis cun sinxelo "quérote" xa o expresas todo. Máis ainda, nin sequera tes que abrir a boca. Unha aperta, un bico, collerlle a man, unha mirada... Xa o din todo.
María
.
María
.
lunes, 3 de enero de 2011
..
Solo son sentimientos, ¿qué importancia tienen? En algún momento cambiarán...
Tienes ganas de llamarle, de hablarle, porque tú eres así y sabes que sería con quien lo harías si te sintieses como te sientes ahora mismo.
Pero tienes que ser fuerte, no te toca a ti mover ficha esta vez...

domingo, 2 de enero de 2011
...
Es una idea de esas que no te puedes quitar de la cabeza. Una idea de esas que nunca crees que ocurrirán, pero que ocurren, y te pillan desprevenida, por eso son de las que más duelen.
Es una idea de esas que ronda tu cabeza a cada rato, que no eres capaz de creer que haya ocurrido. Lo ves como un sueño lejano, imposible, pero que en realidad ha ocurrido y solo eres capaz de negar con la cabeza al aire y sentir inmensas ganas de llorar...
Es una idea de esas que sabes que dejarás pasar de largo porque no quieres retenerla contigo, no quieres que forme parte de tus recuerdos, pero que ahora está ahí con un sentimiento que entristece tu cara en cada momento y no te hace ser tú.
Solo esperas que alguien sople fuerte. Muy fuerte. Tan fuerte como solo esa persona puede hacer. Porque sabes que solo esa persona puede conseguir borrar esa sensación que no te puedes sacar de la cabeza...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)