10-12/09/2010
É curioso, pero parece que o mes de setembro se instaurou na miña vida para ser o mes de visita á cidade de Vigo.
Non moi lonxe desta mesma data que sinalo no comezo, no mesmo mes, pero un ano atrás atopábame por esas terras nunha compañía estupenda.
Este ano, volvin ter unha compañía marabillosa, ainda que falta un dos pés do banco... pronto espero recuperalo!
Foi unha viaxe que precisaba, que chegou nun momento no que semella que vas afogar e que gracias a ela despexei a mente e collín un soplo de aire fresco para continuar uns pasos máis antes cerrar a etapa vital que disfruto.
Escoitando as miñas plegarias, presentouse unha fin de semana cun tempo perfecto, soleado, ideal para disfrutar de praia, paseos e xelados. E así foi.
Unha fin de semana intensa, con moitas e variadas experiencias e sentimentos: de alegría, de nostalxia, de tristeza, de confidencias, de 'deporte', de relax...
Podo dicir que fixen, vivín e sentín un pouco de todo e que o cambio de aire me axudou a seguir adiante, porque o importante é disfrutar o que se poida de todo o que vivimos.
Espero poder repetir pronto da compañia e vivir novas aventuras!
;)
[felicidades Laura]
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario