...como nun só día poden cambiar tanto as situacións, as ideas e pensamentos, as emocións e sentimentos...
Navegando á deriba nun mar de dúbidas comezas un novo día. É raro e difícil saber con certeza como vai ser un día novo na vida, pero sí hai cousas que esperas e cousas que non.
Non se esperaba (ou si) que perdese a selección española de fútbol fronte a Arxentina, e tampouco se esperaba que na tormenta de dúbidas soprase tanto o vento como para cambiar de dirección tantas veces en apenas horas.
Barallábanse (e barállanse) tantas posibilidades que semellaba non ía chegar unha soa baralla.
Unha ola xigante parece que te afunde, pero coa mesma o vento cambia e segues a flote...
Segues estando nun mar de dúbidas, pero vislumbras un claro...
E eso pasa en tódolos ámbitos da vida, o que hai que ter claro é que nunca se deben baixar os párpados ou pechar as portas a nada...
Como di unha boa amiga miña, a batalla ainda non está perdida...
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario