domingo, 5 de septiembre de 2010

Noite Estrelada

Tumbada. Como tantas outras veces, na tumbona, mirando o inmenso universo, repleto de estrelas, sentiu unha vez máis a presenza da soidade.
Imaxinara tantas veces estar contemplando o ceo estrelado das noites de verán con ese alguén especial!
Albergaba no seu interior tanto cariño para dar en pequenos frascos que transformasen en inesquecibles momentos tan sinxelos!
Máis a pesar de todo iso, dos seus desexos e sentimentos, alí se atopaba ela unha vez máis, tumbada. Como tantas outras veces, na tumbona, mirando o inmenso universo repleto de estrelas...



María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores