Acabo
de entrar na mellor época: os TRINTA.
Secadra
dicir que é a mellor tan só é porque os cumpro e forma parte da resignación de
facerse “adulto” e intento asimilar a
situación de cambiar de década, pero non o creo. Creo realmente que os TRINTA
son unha das mellores épocas da vida dunha persoa.
Éntrase
nunha época na que xa se ten unha experiencia, un recorrido, e ao mesmo tempo
aínda tes moito tempo por diante para experimentar e aprender. Para coñecer,
descubrir, probar e equivocarte, e volver comezar. En fin moito que vivir.
Xa
non estudas, pero poderías facelo e non pasaría nada.
Pode
que comeces a etapa laboral máis activa da túa vida, pero tamén que tomes unha
pausa, e non pasaría nada.
É
o momento de arriscar. Non es un “vinteañero” ao que mirarán coma un tolo, e si
te miran así e pensan que se che foi a cabeza coa idea que planteas, que pasa?
Vas esperar a ter corenta para arriscarte na vida? Non. É o momento.
É
esa etapa na que pensas en independizarte de verdade. En ser ti. E incluso en
ser para os demais. Na que te arrancas con un “vivimos xuntos?” ou tomas a
decisión de “bebés?” e sae un sorriso. Na que dis “sola?” Sí, quero. Que me
apetece recorrer Europa e podo? Pois alá vamos! E senón máis económico sae
facer o Camiño de Santiago e aínda axudas a manter o tipo que tamén nota que
entra nos trinta…
Faste
maior? Sí, pero tamén máis sabia. Podes evitalo? Non, bueno, sí, pero esa non é
unha opción, eu quero vivir, e vivir implica facerse maior. Implica saír fóra
ainda que faga vento e despeinarse. Walt Disney dixo “pregúntate si lo que
estás haciendo hoy te acerca al lugar dónde quieres estar mañana”. Respóndete
esto.
Reflexionado,
é a mellor, sen dúbida. Agora a seguir escoitando The Corrs e a tomar o café
antes de que estea frío de todo… Benvidos trinta!
María V. Rey
.