domingo, 29 de noviembre de 2015

Cartas para todos e para ninguén (VIII)

A ti, que por veces sintes e non falas, e que sen falar me fas sentir...
 
Que non sabes a atención que podes captar coa túa mirada, nin a sensación que co roce dos dedos podes despertar...
Que non sabes o nervio que me produces cando fixas a mirada observándome. Nin o penetrantes que poden ser as túas palabras deixando marca en min...
 
A ti, que por veces sintes e non falas, e que sen falar me fas sentir... Quérote.
 
 
 
María
.

viernes, 27 de noviembre de 2015

Xuntos

Facía fresco aquela tarde. Xa se notaba o frío do Outono nas noitiñas de Novembro. O ambiente cuberto pola néboa e as luces resplandecendo nas beirarrúas... Así da gusto pasear, abrigadiños, necesitando que te abracen e apetecendo "un algo quentiño", e iso era xusto o que farían.
Saíu de traballar e alí estaba agardando, coas mans nos bolsillos e o nariz metido na bufanda. O recibimento con tan cálido bico xa fixo que a temperatura subise.
Agarrados da man comezaron o seu paseo de Outono ata descansar no banco do parque.

- Agora non se leva moito iso de casarse. Sabes que a min me gustaría, pero sei que non é o que máis te emociona...
Ela permanecía en silencio, asombrada e intrigada en como acabarían aquelas palabras.
- E entendernos e respetarnos debe ser o que prime. Que os dous poidamos disfrutar xuntos mutuamente, sin "teus" nin "meus", senón "nosos". E podo comprender que casarnos é unha unión importante, pero que iso só non arranxa todo o de despois. Por iso quero darche isto -di sacando unha caixiña do peto do abrigo- como sinal do meu compromiso contigo, porque o que máis me vale é que sexas o último que vexo pola noite e o primeiro que vexo do meu despertar. Porque non me importa convidarte a comer, pero significa máis poñerse dacordo en con que enchemos a neveira. Porque para ser "nós", temos que ser Ti e máis Eu libres querendo estar xuntos.
E sacou da caixiña unha copia da chave do seu piso.

A emoción e euforia que recorreron a sangue de Andrea fixeron que non importase xa o frío de Novembro.



María
.
"Non é máis o home que a muller. Non é máis a muller que o home. Ambos son persoas por igual e iso é o que debe valer para respetarse e quererse." María V. Rey
25 de Novembro

jueves, 26 de noviembre de 2015

Historias sen Final (XII)

 
Din que ao namorarse bolboretas revolotean no teu estómago, que deixas de comer, pero que a pesar de todo, hai felicidade no teu ser. Non hai preocupacións e cada momento quere ser vivido coa outra persoa...
Ela non se sentía feliz, pero tampouco triste... Agora mesmo o seu mundo estaba virado patas arriba, e colocar as cousas no seu sitio ía levar un pouco de tempo...



María
.

sábado, 21 de noviembre de 2015

"Ánimo equipo"

"looo lolo lolo loloooo"
"alé, alé, aléeeee"
E moitos máis gritos dese mesmo estilo eran os que se escoitaban no ambiente que bordeaba o estadio.
A emoción por entrar aumentaba co paso dos minutos. O estómago encollido daba paso ao bombardeo de latidos do corazón que parecía que estaba a punto de estoupar cando pisou o estadio por dentro.
Xa na súa localidade a festa común era aislante, coma nunha burbulla independente do resto do mundo.
Os equipos saen ao campo. A xente levántase para arroupar e móvente formando parte dunha marea, como as olas cando estás na orilla e non tes pleno control sobre os teus movementos.
Sona o himno e o partido comeza...
Alea Iacta Est!

María
.

Fin de semana de deporte...
Un coñecido clásico no país entre Madrid e Barcelona... Un emocionante derbi entre o meu Depor e o Celta, que ademáis disfrutarei en vivo e en directo... E na xornada dominical o meu Praiña enfrentarase ao Recesende nun derbi local teense!
A disfrutar!

jueves, 12 de noviembre de 2015

Un despertar

Despertei no medio da noite, e entre a realidade e a imaxinación, entre oniria e insomnia acordáchesme. Todo estaba húmedo. Quería sentirte coma se estiveses ao meu lado, pero non estabas. Así que volvín pechar os ollos e toquei a música q ti me ensinaches...


María
.

martes, 10 de noviembre de 2015

Seguidores