domingo, 31 de mayo de 2015

Historias sen final XI

Había tempo que quería vivir soa, sentirse independente.
Pensaba que así a súa vida mudaría a mellor. Que así a súa vida sería un pouco máis súa.
Sen ataduras de horarios nin xente á que darlle explicacións de cada movemento.

Conseguiuno, a independencia soñada chegara, pero convertiuse nalgo moi diferente ao esperado...De repente el percatouse dos seus movementos e veuna pálida e sen enerxía.
Sen saber por qué, viu que se desvanecía e dun brinco púxose ao seu carón. Abrazouna e evitou que caese ao chan, mais por moito que a apertaba contra el non puido evitar que a súa alma deixase aquel corpo que xa ficaba sen forza algunha...


María
.

domingo, 17 de mayo de 2015

Polo galego: Filgueira Valverde

Entre outras cousas...
Estudou psicoloxía...
Dirixiu a sección de historia da literatura...e foi promotor de iniciativas culturais...
Foi alcalde...e conselleiro de cultura da Xunta de Galicia...
A súa obra literaria abarca a narrativa, poesía, teatro, ensaio e investigacións...
Todo pola cultura galega...dunha maneira ou outra merece o recoñecemento no día das letras.
[http://academia.gal/letras-actual#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?]

A viñeta hoxe di "reparte galego",  repárteo! Eu dígoche que para que non morra hai que mantelo vivo. Dalle vida ao galego, emprega o galego! É a mellor maneira de que non desapareza, darlle uso.



 
"Se che da por escribir, por que non en galego?
Así farás que se convirta en inmortal.
E si decides escribir en galego, tenta facelo o mellor posible, sabes por que?
Porque pode que alguén te lea".
 
 
 
María V. Rey


jueves, 14 de mayo de 2015

Cartas para todos e para ninguén (VI)

Ás veces síntese unha presión no peito coma se algo te afogase e a pesar de que comezas a respirar rápido, parece coma se o aire non chegase aos pulmóns, a boca péchase e tampouco dan saído palabras para poder expresarse.
Neses casos, hai un tempo, dixéronme que cando non conseguise expresarme collese papel e lápis e escribise nel o que sinto.
E este é un deses momentos nos que necesito escribir para contar o que sinto.
Será que acabo o día tonto, pero hai xa máis de catro anos que comecei a ter unha relación máis de cerca cunha persoa que coñecía dende sempre. En pouco tempo pasaron moitas cousas e foi un gran apoio. E ainda que por momentos a boto de menos sei que nada cambia.
Que parece pouco tempo, pero que pasaron moitas cousas, boas e malas, e que sempre estivemos aí. E que resulta ser algo importante o darse conta de que se pode falar de case calquera cousa con unha persoa sen importar nada, porque o único que ten importancia é a persoa en sí coa que estás compartindo ese momento.
Así que a ti, si, ti que estás lendo esto, decirche que non cambies porque as túas palabras non molestan, evaden. Porque non estorbas, é necesario que esteas.
 
María
.

Seguidores