Se animas a un equipo...hai que estar dispostos a que nalgún momento o noso equipo tamen perda...gustannos as alegrías, pero ó resto de equipos tamen lles gusta ganar...
Dende 1962 non se repite campeón nun campeonato do mundo.
Grandes seleccións coma Italia (2 veces), Francia e Brasil, xa sufriron o que lle acaba de pasar á seleccion española de fútbol (e detallo tanto porque foi neste deporte e non lle pasou nada novo a "España").
Ademáis era outro dos puntos a completar da "era 66". En 1966, a selección española, tamén quedou eliminada na primeira fase do mundial. Neste 2014 xa levamos completadas outras "historias" que hai exactamente 48 anos sucederon da mesma maneira...
1966: descenso do Betis, ascenso do Depor, o país gañador de Eurovisión, a liga do Atleti, a Champions do Madrid...
Hai que pensar que a motivación e a ambición é importante en todos os ámbitos e nunha medida exacta, pero en cuestión de deportes, e en temas de competitividade, pois pode que inflúan máis. Independentemente diso, hai que pensar que este equipo actualmente está formado por xogadores que veñen cansos dunha liga, que xa non son o equipo que empezou, porque hai xogadores que xa teñen mais anos e que o gañaron todo e xogadores que ainda comezan e están descubrindo como vai a cousa. E para os que falen do tema económico...necesiten ou non os cartos, demostrase que o diñeiro non o é todo porque podemos pensar que como non os necesitan...pero se non cobrasen a idea sería "total non gano nada..."
A cresta da ola vai subindo ata facerse cresta, pero ainda que a ola sexa grande e se manteña arriba un bo tempo, sempre acaba caendo para romper na orilla e deixar paso a outra ola...
Todo acaba sendo cíclico, todo...
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario