jueves, 17 de marzo de 2011

Entre tanto malestar psicolóxico...

... psicopatoloxía, normalidade e benestar.

Cada vez máis escoitamos na sociedade frases como "non estou ben anímicamente" "é un problema psicolóxico"...

Afastándoem da psicoloxía popular direi que hai grados de alteración mental que non implican ausencia de saúde mental, polo que a psicopatoloxía non é un concepto oposto ao de saúde mental.

A Normalidade non é sinónimo de vivir optimamente.
Saúde, é un estado de benestar físico, mental e social e non só ausencia de trastorno mental (OMS).

Existen 6 variables que definen o estado de benestar:

Actitudes positivas cara un mesmo.
Percepción correcta da realidade.
Autonomía.
Competencia e axuste das demandas do medio.
Relacións interpersonais positivas.
Desenvolvemento e crecemento do potencial persoal.

[Rosehan e Seligman]

Trátase dunha variable continua, cantas máis variables, maior benestar.

Polo tanto, saúde e benestar son producto da interacción complexa entre factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais.

Todo conta, pensádeo.

6 comentarios:

  1. todo conta efectivamente....ahi falaches

    ResponderEliminar
  2. todos estamos algo "loco" nalgún momento da nosa vida.
    E non se pode comparar unha persoa con outra, senón as persoas coas circunstancias do momento concreto.

    ResponderEliminar
  3. A ke te refieres con "loco" especifica porque puede ser loco de amor o loco por conseguir determinada cosa o loco por conseguir estar con un ídolo etc y no estar trastornado de la cabeza no??..... mejor ponle estar "mal de la cabeza" o "loco psicologicamente" porque lo de loco a sekas komo ke se se keda un poco vacio no??xdddddd

    ResponderEliminar
  4. é unha frase con dobre sentido e comparando a normalidade co non normal...como dixen hai que evaluar ás persoas no seu contexto e circunstancias...se ti colles e te pos no medio dun parque a facer unha danza azteca posiblemente os que te vexas te valoren como un trastornado, pero fai eso mesmo en reunión cunha tribu e serás do máis normal. Por iso "loco" vai entre comiñas.
    Facía referencia a iso.
    Gracias

    ResponderEliminar
  5. Houbo unha vez un rei que reinaba nun país e todo o pobo era moi feliz con él. No reino había duas fontes unha dentro do palacio da que só bebía o rei e outra na praza do pobo para o resto.
    A fonte da praza contaminóuse e todo o pobo tornouse tolo (falando raro, movéndose de forma estrana, etc.). A fonte do rei mantívose sin contaminar.
    O rei saíu ó balcón do seu palacio e todo o pobo estaba tolo, saltando e brincando. O rei intentoulles falar, pero eles nono entendían. A xente do pobo enpezou a decatarse de que o rei era diferente a eles. Empezou a correrse a voz de que o rei estaba tolo.
    Con bon juizo o rei baixou á plaza e bebeu da fonte pública. Eso lle permitiu ser por moitos anos rei e ser querido polo seu pobo.


    Por qué as nais dalgúns países (arabes por ex.)non fan nada por evitar o matrimonio acordado da súa filla menor de idade cun vello que nona vai tratar ben?
    Será qué queren menos ós fillos que nós?
    E nos casos nos que non obliga a facelo a pobreza nin ningunha causa de supervivencia básica?
    Definitivamente, a capacidade de expresar cariño e exclusiva do ser human xudeo-cristiano e occidental a poder ser.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. un bo exemplo, home invisible!!
    Soubeches entender moi ben o que eu quería dicir!
    Faime moita ilusión ver un comentario teu por estes lares de vez en cando!
    GRACIÑAS

    ResponderEliminar

Seguidores