lunes, 28 de marzo de 2011

Ata o último amencer

- Sabes que me apetece?
- Que?

Fixo unha pausa.

- Tan só unha cousa.

Volveu quedar mudo, mirándoa. Ata que ela se virou para velo, e así, mentras se miraban, respondeu:

- Estar ó teu carón ata o momento do último amencer.



María
.

viernes, 25 de marzo de 2011

Logros

Un debe facer todo o posible para sentirse orgulloso de sí mesmo. As metas alcanzadas con esforzo proporcionan maior satisfacción, e polo xeral, o traballo ten as súas recompensas...


María
.

jueves, 17 de marzo de 2011

Entre tanto malestar psicolóxico...

... psicopatoloxía, normalidade e benestar.

Cada vez máis escoitamos na sociedade frases como "non estou ben anímicamente" "é un problema psicolóxico"...

Afastándoem da psicoloxía popular direi que hai grados de alteración mental que non implican ausencia de saúde mental, polo que a psicopatoloxía non é un concepto oposto ao de saúde mental.

A Normalidade non é sinónimo de vivir optimamente.
Saúde, é un estado de benestar físico, mental e social e non só ausencia de trastorno mental (OMS).

Existen 6 variables que definen o estado de benestar:

Actitudes positivas cara un mesmo.
Percepción correcta da realidade.
Autonomía.
Competencia e axuste das demandas do medio.
Relacións interpersonais positivas.
Desenvolvemento e crecemento do potencial persoal.

[Rosehan e Seligman]

Trátase dunha variable continua, cantas máis variables, maior benestar.

Polo tanto, saúde e benestar son producto da interacción complexa entre factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais.

Todo conta, pensádeo.

domingo, 13 de marzo de 2011

Sentiches tremer a Terra??

Porque eu sí. E coma min moitas máis persoas do Concello de Teo.
Estás tan tranquil@ na túa casa, lugar no que crees estar seguro. De repente un ruído acompañado dun forte tremor irrumpe a túa tranquilidade.
"Que foi iso?"
"Un trono?"
"Non, creo que foi un tremor"


Quedas anodadado, pero sí, foi un tremor, confírmase a nova. Parece que a "onda expansiva" do Xapón chegou a Galicia...

Cando a Terra se volve contra os seus habitantes, estamos todos no mesmo saco, non hai norte nin sur, nin ricos nin pobres, simplemente indefensas persoas ante o poder da natureza; e xa sabemos todos, que esto é un ciclo, e que acabaremos pasando por onde outros xa pasaron. Non somos invencibles, nin inmortais... Os dinosaurios tamén eran grandes, moitos, e feroces, máis onde están agora?

Aquí deixo unha nova do Correo Galego, que non fai referencia a Teo, pero que pode ser semellante ao que nós sentimos nas nosas casas:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/registra-un-pequeno-temblor-epicentro-trazo/idEdicion-2011-03-13/idN

lunes, 7 de marzo de 2011

Apareces e desapareces

Chegas despaciño, sixilosamente.
Pouco a pouco, sendo como ti es, faste notar.
Ofreces boas palabras, cariño e comprensión.

Chegas despaciño, creando dependencia.
Pouco a pouco convírteste nunha porta indispensable pola cal se pode saír a respirar.
Ofreces confianza...

Pensaches no que pasa si agora te vas?


María
.

jueves, 3 de marzo de 2011

Xa se lle nota aos días...

E así, sen case darnos conta xa estamos rematando o primeiro trimestre do 2011.
Reparei niso dunha forma moi tonta, un sinal máis de que a vida se forma con pequenas cousas; foi mirando a hora e logo o ceo desta mañá.

Hoxe, como moitos outros días levanteime cedo para coller un dos primeiros trens con dirección Santiago - Coruña como é habitual dentro da miña particular aventura, e notei o cambio.

Hoxe a mañá estaba fresca, pero seca e Lorenzo fíxose aliado para iluminar o día. Un día, que a esa hora no mes de xaneiro era noite pechada, pero é que imos rematar o primeiro trimestre do ano e xa se lle nota aos días...


María
.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Bágoas de inverno

E é entón, cando todos se van, cando máis me acordo de ti. Cando todos pensan que como pasou tempo xa non debo chorarte, e collen a porta para marchar.

Que como non estás non te sinto, pero todos esquecen que eu son porque ti me fixeches, que hai tantas pequenas cousas que me rodean e nas que ti estás presente...

Ninguén se decata de que esquecerte a ti é imposible.


María
.

martes, 1 de marzo de 2011

VI Edición do curso Cooperación e Tecnoloxía (recoñecido con 2 créditos de libre configuración)

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en modalidade semipresencial a VI edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano que se desenvolverá nos campus lucense e compostelán. A través del, perséguese mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.


Campus Lugo:


Datas: 11 ,12 e 13 de marzo e 1, 2 e 3 de abril 2011

Horario: venres 16:00 -a 20:00 horas, sábado e domingo 10:00 - 14:00 horas, 16:00 - 20:00 horas.

Lugar: Residencia Bay e Gay



Campus Sur Santiago de Compostela:


Datas: 11 ,12 e 13 de marzo e 8, 9 e 10 de abril 2011

Horario: venres e sábado 10:00 -14:00 horas, 16:00 - 20:00 horas, domingo de 10:00 - 14:00 horas

Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)

Recoñecido con 2 créditos de libre configuración

Máis información e inscripcion:

www.galicia.isf.es/tcpdh

compostela@galicia.isf.es

Seguidores