O día menos pensado, no momento menos esperado e enlazando na túa cabeza ideas que parecen non ter conexión. Visualizando imaxes, executando determinadas conductas, facendo nada en particular... e descúbrese un así mesmo sorprendéndose cada día un pouco máis.
Sorprendéndose con pequenas cousas, pequenos detalles insignificantes e de pouco ou nulo interés para o resto da humanidade, pero que a un lle fan sentir orgulloso de si mesmo.
No fondo eso está ben. Alguén dixo unha vez que "eses pequenos detalles son os que fan a vida". Así que seguirei disfrutando de cada un deles cada vez que se deixen asomar, buscarei pequenos riscos que me fagan vibrar e tentarei construir unha gran vida o máis feliz posible. Porque ademáis, sorprenderse a un mesmo significa coñecerse un pouco máis e iso sempre é bo.
Moita xente pasa a súa vida intentando "encontrarse", buscando "un sentido á súa persoa".
Simplemente hai que saber atopar os momentos para deixarse levar e poder disfrutar, si te coñeces, saberás discernir de entre todas as situacións que se poden dar na túa vida ben ó longo do día ou en tan só uns escasos minutos, cal é ESE MOMENTO para deixarse levar.
Só con esta idea na mente, será posible conseguilo.
http://www.youtube.com/watch?v=i5ZnUlV9bNU&feature=player_embedded
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario