Presentouse unha tarde primaveral desas nubladas, nas que nin fai frío nin calor e corre unha agradable brisa que se agradece ó saír camiñar.
Ian os dous paseando, entre a multitude, pero sós. Detiveronse e apoiaronse na barandilla a mirar o horizonte. Ela non puido resistirse a miralo. El, sentindoa, volveuse cara ela e mantendo a mirada preguntou:
- Que pasa?
- Nada -dixo- Gústame mirarte. Gústanme os teus ollos, a túa mirada, que ti me mires a min. Expresas inocencia e picardía á vez. Es capaz de captar a miña atención e retela.
El esbozaba un sorriso. Ela continuou...
- Pasa que me gusta que falemos, escoitarte e que me escoites con ese interés que te caracteriza.
El segía quedo, ó seu carón, sen deixar de mirala.
Tras un breve silencio...
- Pasa que tes algo que me atrae.
El sen borrar o sorriso da cara e sen saber que dicir, só atinou dar un impulso cara diante e abrazala o máis forte que puido sabendo que iso era o que ela máis precisaba.
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Es tan bonito...
ResponderEliminar