jueves, 10 de junio de 2010

Sorpresas... "te da la vida"

O día menos pensado, no momento menos esperado e enlazando na túa cabeza ideas que parecen non ter conexión. Visualizando imaxes, executando determinadas conductas, facendo nada en particular... e descúbrese un así mesmo sorprendéndose cada día un pouco máis.



Sorprendéndose con pequenas cousas, pequenos detalles insignificantes e de pouco ou nulo interés para o resto da humanidade, pero que a un lle fan sentir orgulloso de si mesmo.

No fondo eso está ben. Alguén dixo unha vez que "eses pequenos detalles son os que fan a vida". Así que seguirei disfrutando de cada un deles cada vez que se deixen asomar, buscarei pequenos riscos que me fagan vibrar e tentarei construir unha gran vida o máis feliz posible. Porque ademáis, sorprenderse a un mesmo significa coñecerse un pouco máis e iso sempre é bo.
Moita xente pasa a súa vida intentando "encontrarse", buscando "un sentido á súa persoa".
Simplemente hai que saber atopar os momentos para deixarse levar e poder disfrutar, si te coñeces, saberás discernir de entre todas as situacións que se poden dar na túa vida ben ó longo do día ou en tan só uns escasos minutos, cal é ESE MOMENTO para deixarse levar.

Só con esta idea na mente, será posible conseguilo.

http://www.youtube.com/watch?v=i5ZnUlV9bNU&feature=player_embedded





María
.

miércoles, 9 de junio de 2010

Sentir

A maioría das veces o ser humano pasa o tempo pensando e decindo que quere "sentir".

Un "sentir" dentro seu que o faga saltar de ledicia, que o encha de vida, que lle dea esas forzas para seguir no día a día.

Máis esquécese dunha cousa: de pedir que sintan por el o mesmo, pois cando consegues "sentir" e non es correspondido, máis duradeiro é o tempo que se pasa pedindo non "sentir" nada.



María
.

sábado, 5 de junio de 2010

Con tan só unha Mirada...

Presentouse unha tarde primaveral desas nubladas, nas que nin fai frío nin calor e corre unha agradable brisa que se agradece ó saír camiñar.


Ian os dous paseando, entre a multitude, pero sós. Detiveronse e apoiaronse na barandilla a mirar o horizonte. Ela non puido resistirse a miralo. El, sentindoa, volveuse cara ela e mantendo a mirada preguntou:


- Que pasa?
- Nada -dixo- Gústame mirarte. Gústanme os teus ollos, a túa mirada, que ti me mires a min. Expresas inocencia e picardía á vez. Es capaz de captar a miña atención e retela.

El esbozaba un sorriso. Ela continuou...

- Pasa que me gusta que falemos, escoitarte e que me escoites con ese interés que te caracteriza.
El segía quedo, ó seu carón, sen deixar de mirala.
Tras un breve silencio...

- Pasa que tes algo que me atrae.

El sen borrar o sorriso da cara e sen saber que dicir, só atinou dar un impulso cara diante e abrazala o máis forte que puido sabendo que iso era o que ela máis precisaba.



María
.

viernes, 4 de junio de 2010

Invencible

Ata nos últimos momentos é capaz de esbozar un sorriso, mirarte con cara de pillo, chiscarche un ollo, asubiar e facer percusión petando os dedos a diferente ritmo.

Non hai nada que acabe con EL, porque EL non é o corpo que se acaba.
EL é toda a esencia de vida que brota cara os que a queremos recibir, é un impulso que te anima a seguir e conseguir as metas.

Simplemente é esa persoa que cree en ti e che di que chegarás onde queiras sempre que camiñes.


---

"Se non sabes onde vas, da igual o camiño que tomes, máis non fiques quedo".





María
.

Seguidores