En ocasións hai sabios que falan ou escriben, e a veces ata oídos atentos que escoitan ou ollos abertos que len.
No primeiro dos tempos somos coma tábulas rasas ou esponxas que absorbemos todo, e co paso do tempo, sen saber ben por que, deixamos de atender realmente ao que nos rodea e parece que se nos acabaron as follas para escribir as nosas historias, ou que secamos e non somos capaces de absorber nada máis. Deixamos de querer vivir.
Rematou outro ano máis, e si temos a posibilidade de estar fisicamente vivos, intentemos, ainda que algún día nos coste, vivir cada día. Non teñamos medo de descubrir, de sentir e de querer, porque se nos sentimos libres para iso desfrutaremos, e quen sinte e quere por nós tamén estará feliz.
Secadra así tamén nos descubrimos e atopamos a nós mesmos, porque por non mirar, non vemos. Por non sentir, non queremos. E non sempre as cousas son só o que parecen, que os toxos tamén teñen flor e as rosas espiñas, e para chegar a onde estamos hai moitas historias...
María V. Rey
.
Por un 2017 de descubrimentos e boas experiencias.